Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 3 de febreiro de 2022 Páx. 7284

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) no terceiro cuadrimestre do ano 2021 e que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO
Convenios subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga)
no terceiro cuadrimestre do ano 2021

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica (€)

Convenio de colaboración entre o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), a Axencia Galega de Calidade Alimentaria e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas para a mellora da xestión da información relativa á declaración de colleita de uva dos produtores acollidos á denominación de orixe Rías Baixas

O obxecto deste convenio é regular o marco de colaboración entre as partes asinantes para a realización conxunta das actividades de control da produción no sector da viticultura para garantir a calidade da produción da denominación de orixe. En concreto, a finalidade do convenio é mellorar a xestión e o control da información relativa á declaración de colleita de uva das persoas produtoras acollidas ao CRDO Rías Baixas.

4.10.2021

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Comunidade de Madrid (Consellería de Medio Ambiente, Vivenda e Agricultura, en calidade de organismo pagador dos fondos europeos agrícolas, e a Axencia para a Administración Dixital de Madrid), para a cesión á Comunidade de Madrid do sistema informático Sistema de información contable do organismo pagador (SICOP)

A Amtega e o Fogga poñen ao dispor do OP de Madrid os dereitos de uso da sistema informático Sistema contable do organismo pagador (SICOP) para a súa implantación e utilización polos órganos do devandito OP no ámbito da Comunidade Autónoma de Madrid.

15.11.2021

Sen contido económico