Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 3 de febreiro de 2022 Páx. 7344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se lles notifican a varios interesados a aprobación definitiva e a declaración de utilidade pública do proxecto sectorial de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño.

O 29 de outubro de 2021 o Consello da Xunta de Galicia acordou aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, situada en Alvedro (Culleredo), e declarar a súa utilidade pública para os efectos expropiatorios.

O 4 de novembro de 2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais ditou resolución pola que se ordenou a publicación, no Diario Oficial de Galicia (DOG), do devandito acordo do Consello da Xunta de Galicia e das disposicións normativas do proxecto sectorial. Esta resolución, que se publicou no DOG número 224, do 22 de novembro de 2021, inclúe no seu anexo I o texto íntegro do citado acordo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados, ou por resultar descoñecido o interesado ou o seu enderezo.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2022

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Acordo: declaración de utilidade pública do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño.

Municipios afectados: Culleredo (A Coruña).

Persoa interesada

Referencia catastral do predio afectado

Barral Lousada, María

15031A00500262

Carmona Iglesias, José María

15031A00500199

Catrufo Bermúdez, Santiago

15031A00500185

Doldan Ramos, José

15031A00500204

Iglesias Martínez, Eva

15031A00500199

Iglesias Martínez, María Cruz

15031A00500199

Mariscal Gantes, Jorge

15031A00500171

Morano Gómez, Servando

15031A00500274

Ordóñez, Casimira

15031A00500166

Ramos Calvete, Mercedes

15031A00500202