Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 2 de febreiro de 2022 Páx. 7079

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO de información pública da aprobación da proposta elaborada pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia para a adopción do escudo heráldico e da bandeira.

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria do día vinte e nove de decembro de dous mil vinte e un, aprobou, polo quórum de maioría absoluta do número legal de membros da corporación, a seguinte proposta elaborada pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia para a adopción do escudo heráldico e bandeira do Concello de Mugardos:

Escudo heráldico:

De azur (azul), unha estrela de ouro (amarelo) acompañada de dúas coroas abertas da mesma cor, dispostas unha en xefe e outra na punta. Ao timbre, coroa real pechada.

Bandeira municipal:

O pano de azul e, ao centro, a estrela de amarelo acompañada no alto e baixo de dúas coroas abertas, tamén de amarelo.

En cumprimento do disposto no artigo 16.a), número 3, do Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, o referido acordo sométese á información pública, mediante anuncios publicados no Diario Oficial de Galicia (DOG), no taboleiro de edictos e na sede electrónica municipal, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación no DOG, para que os interesados poidan efectuar as alegacións que consideren oportunas.

Mugardos, 10 de xaneiro de 2022

Juan Domingo de Deus Fonticoba
Alcalde