Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 1 de febreiro de 2022 Páx. 6810

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO de información pública do texto inicial do convenio urbanístico para a cesión e urbanización dunha vía no lugar da Fraga, na parroquia de Veigue.

Unha vez negociado e subscrito, por Luis Lagares Díaz, José Lagares Souto, María José Díaz Belmonte, José Andrés Reimúndez Pazos e Josefa Álvarez Iglesias, o texto inicial do convenio urbanístico para a cesión e urbanización dunha vía no lugar da Fraga, na parroquia de Veigue, de conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 401.2 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 143/2016, sométese á información pública o texto do convenio durante o prazo dun mes.

Durante este prazo poderá consultarse nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo (situadas na avenida do Porto, 24), mediante cita previa, das 9.00 ás 14.00 horas, ou na sede electrónica do Concello de Sada, no enderezo https://sede.sada.gal/, para presentar as alegacións que se consideren oportunas.

Sada, 11 de xaneiro de 2022

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde