De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
Os actos obxecto da notificación foron adoptados pola instrutora do expediente sancionador en Lugo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación se entenderá producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Lugo, 12 de xaneiro de 2022
Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: ANI-LU-0070/2021.
DNI: 33991865G.
Acto notificado: proposta de resolución.