Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2022 Páx. 6437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da Resolución do 28 de decembro de 2021 de extinción da autorización ambiental integrada outorgada a José Antonio García Barreiro para a explotación porcina de porcos de ceba, situada no concello de Abegondo (A Coruña) (rexistro AAI: 2006/0406_NAA/IPPC_076).

De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: explotación porcina de porcos de ceba

Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada

Titular: José Antonio García Barreiro

Localización: concello de Abegondo (A Coruña)

Núm. rexistro AAI: 2006/0406_NAA/IPPC_076

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático