O 16 de decembro de 2021, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade acordou a incoación do procedemento sancionador PSC/2021/100 por infraccións en materia sanitaria.
Tras o intento de efectuar a notificación ao interesado no domicilio coñecido, esta foi devolta polo servizo de Correos por estar ausente ou resultar descoñecida a persoa destinataria.
De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación da incoación do procedemento sancionador PSC/2021/100 e ao non ser posible a súa práctica, esta farase mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, podendo, con carácter potestativo, publicalo previamente no Diario Oficial de Galicia. Poderá consultar o expediente depositado nas dependencias da Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios-Servizo de Xestión Xurídico Administrativo II, situada en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.
En concordancia co anterior, por medio deste anuncio notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo adoptado.
Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2022
Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico
ANEXO
Número do expediente: PSC/2021/100.
Documento de identificación: 33148074-Z.
Último enderezo coñecido: rúa Xeneral Pardiñas, nº-9, 2º, porta C, 15701 Santiago de Compostela. (A Coruña).
Feitos imputados: infracción do articulo 21.3.c) do Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecemento sanitarios.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 3.005,07 €.