Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2022 Páx. 5236

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de setembro a decembro do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2022

Paula Uría Traba
Directora do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro

Convenio

Data de sinatura

Achega da Axencia

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables, cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

8.9.2021

3.323.119,84 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para a instalación de refuxios nas paradas das liñas dos servizos de transporte interurbano de viaxeiros por estrada de Galicia

8.9.2021

500.000,00 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables, cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

17.9.2021

300.000,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Universidade de Santiago de Compostela para a prestación de asesoramento en materia de acumulación enerxética

17.9.2021

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Semana Verde de Galicia para a celebración da terceira edición da Feira de Enerxía

27.10.2021

80.000,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Consorcio Turismo Ribeira Sacra para a elaboración do proxecto fluvial-eléctrico na Ribeira Sacra para concorrer ao Programa MOVES proxectos singulares II e a adquisición dun vehículo híbrido enchufable

24.11.2021

41.616,00 €