Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2022 Páx. 5234

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia, número 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no terceiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no terceiro cuadrimestre de 2021

Convenio

Data da sinatura

Importe achegado pola AXI

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Oleiros para a construción dunha senda peonil na marxe dereita da AC-173, treito urbanización Rialta-Pazo de Arillo-Lourido

18.9.2021

188.907,56

Convenio de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, a Axencia Galega de Infraestruturas de Galicia, o Consorcio Turismo Ribeira Sacra, a Deputación Provincial de Lugo e a Deputación Provincial de Ourense para a execución do plan de acción da paisaxe na Ribeira Sacra

22.9.2021

Sen custo

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Oleiros para a construción dunha senda peonil na marxe dereita da AC-173, treito urbanización Rialta-Pazo de Arillo-Lourido

19.10.2021

Non supón incremento

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Cenlle para a humanización da travesía de Trasariz

9.11.2021

Non supón incremento

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a Axencia Galega de Infraestruturas e a Asociación Stop-Accidentes para o impulso de novas medidas en defensa da seguridade viaria

9.11.2021

Non supón incremento

Modificación do acordo de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (CIM), a Axencia Galega de Infraestruturas e Augas de Galicia para o financiamento conxunto de diversos servizos relacionados coas actuacións de información e comunicación da CIM e as súas entidades adscritas

9.11.2021

Incremento de 25.000 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Vilamarín para mellorar a accesibilidade da OU-189

15.12.2021

Non supón incremento

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ourense para a execución das obras da 2ª fase da posta en valor da Ponte Vella de Ourense

28.12.2021

Non supón incremento

Texto consolidado e addenda ao Convenio entre a Xunta de Galicia e Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A. polo que se establece a achega extraordinaria para mitigar o impacto da subida de tarifas no ano 2022 e se regulan as bonificacións da peaxe das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57)

29.12.2021

Incremento de 475.000 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, a Axencia Galega de Infraestruturas de Galicia, o Consorcio Turismo Ribeira Sacra, a Deputación Provincial de Lugo e a Deputación Provincial de Ourense para a execución do plan de acción da paisaxe na Ribeira Sacra

30.12.2021

Sen custo