Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2022 Páx. 4190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 5 de xaneiro de 2022 polo que se notifica o prazo de alegacións no procedemento de acceso a información pública INF-19-2021.

Solicitouse información á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sobre a existencia de expediente de reposición da legalidade urbanística en relación co inmoble coa referencia catastral 002500500NH69G0001ES, no lugar de Ínsua, 14, no termo municipal de Paderne, provincia da Coruña.

De acordo co establecido polo artigo 27 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 19 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dado que o acceso á información solicitada pode afectar a dereitos ou intereses de terceiros, concederáselles un prazo de 15 días hábiles para que poidan realizar as alegacións que consideren oportunas, e producirase a suspensión do prazo para resolver ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo concedido para a súa presentación.

Ao non se poder realizar a notificación persoal do prazo de alegacións ás persoas titulares dos documentos nacionais de identidade número 32804732Q e 54131778J, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas o devandito trámite por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O prazo previsto para a súa presentación contarase desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística