Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2022 Páx. 4189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 4 de xaneiro de 2022 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/168/2021-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu, o día 7 de decembro de 2021, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras existentes en solo rústico consistentes na implantación dunha vivenda prefabricada e movementos de terra para asentar a vivenda na rúa Galiñeiro, número 17, no termo municipal de Mugardos, provincia da Coruña.

Ao non se poder realizar a notificación persoal desta resolución á persoa titular do documento nacional de identidade 32735835-G, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, de ser o caso, propor proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística