Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2022 Páx. 4159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, polo que se acorda deixar aberto, durante un prazo de tres meses, o procedemento de alleamento en poxa pública para a venda de dous inmobles no concello de Santiago de Compostela.

Mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021, da Consellería de Facenda e Administración Pública, de conformidade co artigo 72 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio, acordouse deixar aberto, durante un prazo de tres meses, o procedemento de poxa pública relativo aos inmobles que se describen a seguir:

Parcela número 187, denominada Lagos, sita no lugar de San Xoán de Fecha, no municipio de Santiago de Compostela, cunha superficie aproximada de 13.934 m2. Segundo o rexistro da propiedade linda, ao norte, cunha zona excluída e un camiño público; ao sur, con María Josefa Iglesias Pérez; ao leste, cunha zona excluída, e ao oeste, cun camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria.

Referencia catastral 15079C503001870000WK.

Clasificación urbanística: solo rústico de protección de interese paisaxístico.

Datos rexistrais: inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela como predio 22.930, tomo 1.202, libro 244, folio 184.

Acordo de alleamento: Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 12 de abril de 2021.

Prezo límite: 5.016,24 €.

Parcela número 254, denominada Chan dos Montes, sita no lugar de San Xoán de Fecha, no municipio de Santiago de Compostela, cunha superficie aproximada de 19.610 m2. Segundo o rexistro da propiedade linda, ao norte, cun camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; ao sur, con Luis García Miramontes e outros, ao leste, cunha zona excluída; e ao oeste, con Josefa Bastón García e outro.

Referencia catastral: 15079D503002540000LD.

Clasificación urbanística: solo rústico de protección forestal.

Datos rexistrais: inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela como predio 22.936, tomo 1.202, libro 244, folio 187.

Acordo de alleamento: Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 12 de abril de 2021.

Prezo límite: 7.059,60 €.

Durante o prazo de tres meses, contados a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio, calquera interesado poderá presentar unha proposta de compra por escrito sobre calquera dos bens inmobles relacionados anteriormente, e polo prezo que o interesado determine, sempre e cando iguale ou supere o mínimo fixado.

A proposta de compra deberá recoller o nome, DNI, domicilio e teléfono de contacto, e deberá ir acompañada do xustificante acreditativo do depósito na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia do 25 % do prezo ofrecido, e, no caso de estar interesados en varios inmobles, será preciso a presentación dun xustificante por cada un dos inmobles propostos para a compra.

Poderán presentar proposicións todas as persoas que teñan capacidade para contratar e, en particular, para celebrar o contrato de compravenda segundo as normas contidas no Código civil. Non poderán participar as persoas que solicitasen ou estean declaradas en concurso, fosen declaradas insolventes en calquera procedemento, estean suxeitas a intervención xudicial ou fosen inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, así como as que incorresen nos supostos previstos na normativa sobre incompatibilidades.

Se o ofertante é unha persoa xurídica, deberá achegar para acreditar a representación da persoa asinante a escritura notarial de constitución da sociedade e de poder específico ou xeral, este último inscrito debidamente no Rexistro Mercantil.

A documentación deberá presentarse en sobre pechado, no Rexistro Único da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano), con indicación no seu exterior, no anverso, «VND/2019/0015-San Xoán de Fecha», dirixido á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 de Santiago de Compostela, e no reverso a identificación do ofertante.

Serán rexeitadas as propostas presentadas fóra de prazo, as que non alcancen o prezo mínimo fixado, as que non veñan acompañadas do xustificante da Caixa Xeral de Depósitos e aquelas con condicións ou que de forma clara non permitan determinar a oferta de compra.

Transcorrido o prazo, procederase a anunciar unha nova poxa pública e establecerase como tipo de licitación a mellor oferta presentada. Con anterioridade á poxa, procederase á devolución dos depósitos constituídos para garantir as ofertas de cantidades inferiores a que sirva de tipo para a nova poxa.

As condicións da adquisición que rexerán na cuarta poxa pública que teña lugar, de ser o caso, na cal poderá tomar parte calquera interesado aínda que non presentase ningunha solicitude dentro deste período de tres meses, serán as recollidas no prego de condicións correspondente ás poxas públicas anteriores, que estarán á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio; rúa A Pastoriza, 8, 2º andar, Santiago de Compostela, e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública (http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/poxas/vendas).

A proposición que sirva de tipo para a poxa producirá plenos efectos, aínda que o ofertante non compareza no acto da súa realización, polo que se o ben lle fose adxudicado perderá o depósito no caso de non efectuar o pagamento do prezo total dentro do prazo de quince días a partir da notificación de adxudicación.

No caso de que durante este prazo de tres meses se presenten ofertas económicas de igual contía, e non concorra ningún propoñente nin interesado ao acto de poxa pública, a adxudicación recaerá sobre o que primeiro presentase a súa oferta, para o cal se atenderá á data de entrada no rexistro sinalado na convocatoria.

Se durante este prazo de tres meses non se presenta ningunha proposta por escrito sobre algún dos inmobles, desistirase definitivamente deste procedemento de venda e continuará o inmoble no patrimonio autonómico, agás que se presenten ofertas de compra por importe igual ou superior ao prezo de licitación da terceira poxa pública.

Para máis información poderán dirixirse á Subdirección Xeral do Patrimonio, nos teléfonos 981 54 41 51, 981 54 44 27 e 981 95 78 11.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública