Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2022 Páx. 3765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Adecuación LAT 66 kV Ponte Sampaio-Redondela entre os apoios 393 e 418, no concello de Redondela, do cal é beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2021/94-4).

A instalación denominada Adecuación LAT 66 kV Ponte Sampaio-Redondela entre os apoios 393 e 418, no concello de Redondela, foi declarada de utilidade pública mediante resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 13 de outubro de 2021, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 10 de marzo de 2022, a partir das 12 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Redondela.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nas súas leiras e informándoos de que poderán ir acompañados dun perito ou un notario, á súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 10 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Adecuación LAT 66 kV Ponte Sampaio Redondela entre os apoios 393 e 418

Referencia catastral

Lugar

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 solo

Concello

1

36045A016007250000WE

Bouza Fría

Hros. Antonio Martínez Fernández

416N

6,25

Redondela