Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2022 Páx. 3766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Soutomaior (expediente IN407A 2021/263-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTA, LMTS e substitución do CTI Aranza.

Situación: Soutomaior.

Características técnicas: desmontaxe do condutor illado entre os apoios A86MIR4K e A873HM67, que serán retirados. Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV con condutor LAC-28 mm2 Al, cunha lonxitude de 335 metros e orixe no apoio de formigón existente A808QWTX e final no apoio proxectado de tipo C-3000-14 en substitución do existente A86MIR4K. Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor tipo RHZ1-2OL de 126 metros de lonxitude con orixe no apoio proxectado C-3000-14 e final no CT proxectado. Retirada do CT Aranza (36A4383) que se substitúe por un centro de transformación de superficie baixo envolvente prefabricada, compacto e de manobra, con potencia de 160 kVA e relación de transformación 20000/400 V. As instalacións están situadas no lugar de Aranza, no concello de Soutomaior (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 28 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2021/263-4.

Denominación: LMTA, LMTS e substitución do CTI Aranza.

Concello: Soutomaior.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

m2

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Cacharela

Labor

36053A005000860000XS

Serafín Amoedo Barcia

1

10,1

2

Zuleiro

Labor

36053A005000570000XH

Descoñecido/a

CT

20,21