Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 22 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica un acto administrativo ditado no procedemento BS210A (expediente VI-88999).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio emprázase a persoa interesada que se sinala no dito anexo ou á persoa que a represente debidamente acreditada, para a notificación do requirimento ditado no procedemento que se indica.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada ou a persoa que a represente debidamente acreditada, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na praza da Estrela, s/n, 3ª andar de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do dito acto e advírteselle de que transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida co vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselle que, de non atender o acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de 10 días a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 24 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito a prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Vigo, 22 de decembro de 2021

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS210A

Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

VI-88999

33208994F

Requirimento de emenda da solicitude

29.7.2021