Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 20 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS210A (expediente PO-86646).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación da resolución ditada pola xefatura territorial no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, emprázase a persoa citada no anexo ou aos seus representantes debidamente acreditados, para proceder á notificación da referida resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura territorial. No prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer nas dependencias do órgano de valoración de Pontevedra, sito na avenida de Vigo, número 16, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da dita resolución e advírteselle que, de non facelo así, teráselle por notificado ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 20 de decembro de 2021

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/

nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/PO-86646

35870478T

Resolución de aprobación do programa

11.10.2021