Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2022 Páx. 2919

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2021/U040/000002).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de decembro de 2021, acordou aprobar o anexo de expropiacións para a obtención dos terreos que se consideran necesarios para a execución da obra hidráulica prevista no anteproxecto aprobado por Augas de Galicia o 15 de marzo de 2021 e no proxecto construtivo Realización dun by-pass no río Anllóns na zona de Muíño do Quinto, Carballo (A Coruña), supervisado por parte do Departamento da Oficina Técnica do ente público empresarial Augas de Galicia o 11 de novembro de 2021; segundo o documento redactado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A. e asinado polo enxeñeiro técnico agrícola José Ignacio Alonso Díaz (colexiado nº 2095).

No mesmo acordo, no seu punto segundo, declarouse a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra hidráulica prevista no mencionado anteproxecto, ao abeiro do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (procedemento de urxencia).

Polo que se somete a información pública o proxecto da obra e o anexo de expropiacións por un prazo de 20 días, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, co fin de rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que se deba considerar preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente para o fin que se persegue.

Así mesmo, requíreselles aos titulares dos bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como os seus propietarios. Advírteselles que este anuncio serve de notificación no caso de que estes sexan descoñecidos ou se descoñeza o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas.

A relación de bens e dereitos afectados que se inclúe no anexo de expropiacións é a seguinte:

Nº predio

Ref. catastral

Titulares catastrais

Destino

Sup. total (m²)

Sup. afect.

(m²)

Outros bens e dereitos afectados

1

15019A001000540000IZ

Mª del Carmen Matnez. Muñiz

Hros José López Sánchez

Horta

1.402

328

0.5 m³ formigón en columna

41 uds thuia

Ud trasl cancela madeira e malla

3 uds poste formigón

3m malla arame

2

15019A001001240001OZ

En investigación

Prado-labradío

230

7

3

15019A001000520000IE

Hros Manuel Ponte Vila

Prado-labradío

482

42

4

15019A001000530000IS

Sofía Mira Lorenzo

Prado-labradío

596

257

5

15019A001000490000IE

Pedro García Vila

Prado-labradío

4.997

1.164

6

15019A001000380000IM

Manuel Porteiro

Prado-labradío

1.302

668

7

15019A001000390000IO

Mª Carmen Eirís Ponte

Xardín

4.434

424

8 uds módulo prefabr. formigón

7 uds columna formigón

8

15019A001000370000IF

Pedro Traba Fariña

Prado-labradío

1.554

266

Total

3.156

O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do concello na seguinte ligazón, punto 7 Outros:

http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Carballo, 13 de xaneiro de 2022

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde