Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2022 Páx. 2917

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2021/U040/000004).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de novembro de 2021, acordou aprobar o anexo de expropiacións para a obtención dos terreos que se consideran necesarios para a execución da obra hidráulica prevista no anteproxecto do Plan específico para a xestión de inundación na ARPSI do río Anllóns: remodelación integral do parque de San Martiño construción de moutas de protección fronte á avenida; aprobado pola directora de Augas de Galicia con data do 15 de marzo de 2021, segundo o documento redactado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A. e asinado polo arquitecto Isidro López Yáñez (colexiado nº 2261 COAG) e pola enxeñeira técnica agrícola Beatriz Blanco Lois (colexiado nº 1909).

No mesmo acordo, no seu punto segundo, declarouse a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra hidráulica prevista no mencionado anteproxecto, ao abeiro do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (procedemento de urxencia).

Polo que se somete a información pública o anteproxecto da obra e o anexo de expropiacións por un prazo de 20 días, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, co fin de rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que se deba considerar preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente para o fin que se persegue.

Así mesmo, requíreselles aos titulares dos bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como os seus propietarios. Advírteselles que este anuncio serve de notificación no caso de que estes sexan descoñecidos ou se descoñeza o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas.

A relación de bens e dereitos afectados que se inclúe no anexo de expropiacións é a seguinte:

Nº predio

Titular

Sup. a exprop. (m²)

Cota particip.

1

Concello de Carballo

5

0,09

2

Concello de Carballo

651

12,08

3

Mª del Carmen Nión Cancela e outros

92

1,71

28

Manuel Perejil Cambón e outros

1.332

24,73

29

Eduardo Rey Barrán e outros

325

6,03

30

Mª Lucinda Lorenzo Antelo e outros

577

10,71

31

Rosa Facal Ponte e outro.

766

14,22

32

Josefa Fuentes Souto e outros.

543

10,08

33

Manuel Fraga Calvo.

177

3,29

43

María Armentina Barca Varela e outro

143

2,65

44

Estanislao Ramón España Recarey

776

14,41

Total

5.387

100,00

O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do concello na seguinte ligazón, punto 7 Outros:

http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Carballo, 10 de xaneiro de 2022

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde