Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2022 Páx. 2346

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 12 de xaneiro de 2022 pola que se outorgan nomeamentos de notarias e notarios para as notarías vacantes que se citan.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública do 18 de novembro de 2021 e resolto pola Resolución do 20 de decembro de 2021, e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, co Decreto da Xunta de Galicia 214/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as notarias e notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2022

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO

– Blanca Andrea Villanueva García-Pomareda, notaria de Barcelona, para a notaría de Ferrol.

– Víctor Manuel Vidal Pereiro, notario de Nigrán, para a notaría de Pontevedra.

– Francisco Javier Castromil Dotras, notario de Ponteceso, para a notaría da Coruña.

– José María Rilo Nieto, notario de Rianxo, para a notaría de Ames.

– Marta Abelaira Fernández, notaria de Castro de Rei, para a notaría de Arteixo.