Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2022 Páx. 2029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 22 de decembro de 2021 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2021000435 e quince máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, número 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2021

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de expediente

Predio

02006-DP 0507 Senda peonil de Rorís a Anzobre (Arteixo) (cod. obra: 18.1170.0001.0). Termo municipal de Arteixo

Mercedes López Pazos

21.10.2021

2021000435

7

Mercedes López Pazos

21.10.2021

2021000436

7CO

Mercedes López Pazos

21.10.2021

2021000437

9

02012-LMTS MOS706 a CT Barro-Balteiro no concello de Mos. Expediente: IN407A 2018/448-4

J. Andrés Rodríguez Riveiro

21.10.2021

2021000543

1

02039-LMT Derivada Santiago da Veiga. Exp. 008/2016 AT. Termo municipal de Sarria

Jesús Sánchez Núñez

21.10.2021

2021001136

18

Ángel Abelleira López

21.10.2021

2021001135

17

José Joaquín Penela Arias

21.10.2021

2021001148

31

01883-Mellora da seguridade viaria na contorna TCAs na estrada PO-552 p.q. 1,100 A 5,600. Clave: PO/17/139.06

Manuel Alonso Domínguez e outra

18.11.2021

2021000877

001-2

Roberto Lorenzo Comesaña

18.11.2021

2021000878

001-3

02027-LMT 30 kV de evacuación do parque eólico de Cadeira. Exp. IN408A/2017/36. Termos municipais de Riotorto, Lourenzá, Mondoñedo e A Pastoriza

Margarita González Iglesias e outros

18.11.2021

2021000816

17

Abel Valiña Ferreira

18.11.2021

2021000817

18

Albina Valiña Andía

18.11.2021

2021000841

49A

02037-Acondicionamento e mellora da seguridade viaria na PO-531 na Devesa, segunda fase. Clave: PO/17/001.06. Termo municipal de Pontevedra

Hrdos. Rosa Abuín Moldes e hrdos. Soledad

18.11.2021

2021001157

006

Hrdos. Rosa Abuín Moldes e hrdos. Soledad

18.11.2021

2021001159

009

Hrdos. Rosa Abuín Moldes e hrdos. Soledad

18.11.2021

2021001173

046

Hrdos. Rosa Abuín Moldes e hrdos. Soledad

18.11.2021

2021001175

050