De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida unha das persoas interesadas, notifícaselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación LMTA, LMTS e substitución do CTI Aranza (expediente IN407 2021/263-4) e a afección da parcela indicada no anexo.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Debido ao protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 28 de decembro de 2021
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2021/263-4.
Denominación: LMTA, LMTS e substitución do CTI Aranza.
Concello: Soutomaior.
Nº |
Paraxe |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio/CT |
Afeccións |
|||
nº |
m2 |
ml sub. |
m2 aér. |
m2 sub. |
|||||
2 |
Zuleiro |
Labor |
36053A005000570000XH |
Descoñecido/a |
CT |
20,21 |