Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2022 Páx. 2006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 28 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica LMTS, CT Ventín a Fornelos (expediente IN407A 2021/289-4), prevista no termo municipal de Fornelos de Montes.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida unha da persoas interesadas, notifícaselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación LMTS, CT Ventín a Fornelos (expediente IN407A 2021/289-4) e a afección da parcela indicada no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Debido ao protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 28 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe provincial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2021/289-4.

Denominación: LMTS, CT Ventín a Fornelos.

Concello: Fornelos de Montes.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT/arqueta

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Coutada

Mato

36019A019004340000EZ

Descoñecido/a

Apoio 1

arqueta

9,6

1,5

3,15

6,3