Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2022 Páx. 1816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Baiona (expediente IN407A 2021/237-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS e cambio de CTI a CTC Sopegal.

Situación: Baiona.

Características técnicas: substitución do centro de transformación (CT) Sopegal (36A753) de tipo intemperie e 160 kVA de potencia por un centro de transformación de superficie, de manobra exterior 2L1P de 250 kVA telecontrolado por GPRS/FO e telexestionado en envolvente fabricada de formigón. Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV en condutor RHZ1 de 24 metros de lonxitude en dous tramos. O primeiro tramo de 12 metros ten orixe na LMTS existente GON8150829 na derivación ao CS Sopegal (36CHE5) e final no CT proxectado. O segundo tramo de 12 metros ten orixe no CT proxectado e final na LMTS existente GON8150829. As instalacións están situadas no lugar de Media Aldea, nas parroquias de Santa Cristina e Belesar, no concello de Baiona (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 21 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2021/237-4.

Denominación: LMTS e cambio de CTI a CTC Sopegal.

Concello: Baiona.

Paraxe

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

A Insua

Agrario

54003A54002320000HK

Moisés Balboa Pereira

16,81

16,81

16,4