Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2022 Páx. 1818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2021/231-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: substitución dos apoios 9S5CJSDH e 9S5ES5LC na liña GON805-GON806.

Situación: Nigrán.

Características técnicas: substitución do apoio existente 9S5CJSDH//D59 por un apoio C-2000/18 e do apoio 9S5ES5LC//D60 por un apoio C-3000/16. Liña de media tensión aérea a 20 kV con condutor tipo LA-110 de 199 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9T5B2X6N//D8 (punto B) e final no apoio proxectado C-3000/16 (punto A). Instalación dun novo XS no apoio proxectado C-2000/18 e dun paso aéreo/subterráneo para alimentar o CT Branco (36P958). As obras están situadas na rúa Torreiro, na parroquia de Priegue, no concello de Nigrán (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 22 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2021/231-4.

Denominación: substitución dos apoios 9S5CJSDH e 9S5ES5LC na liña GON805-GON806.

Concello: Nigrán.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Nº apoio

Apoio m2

1

Rúa Torreiro

Urbana

6279717NG1667N0002WW

Pilar Blanco González e Manuel Blanco González

1

22,37

2

Rúa Torreiro

Urbana

6279714NG1667N0001BQ

Creaciones Foque, S.L.

1

64,08

3

Rúa Torreiro

Agrario

54035A002001680000HQ

Antonio Castro González

2

1,69