Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2022 Páx. 1847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia da resolución do procedemento de aprobación ou denegación da axuda para a creación de empresas para persoas agricultoras mozas (código de procedemento MR404A).

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do procedemento de aprobación ou denegación da axuda para a creación de empresas para persoas agricultoras mozas.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do dito acordo e a constancia de tal coñecemento.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán interpoñer, potestativamente, o recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. Todo isto consonte o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos os prazos computaranse a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar os recursos se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: axudas para a creación de empresas para persoas agricultoras mozas (código de procedemento MR404A).

Acto de notificación: resolución de aprobación ou de denegación.

Persoas interesadas:

Expediente: 15/50073/20.

DNI da persoa interesada: 47367098R.

Expediente: 15/50116/20.

DNI da persoa interesada: 47388191A.

Expediente: 15/50094/20.

DNI da persoa interesada: Y4367503R.

Expediente: 32/50044/20.

DNI da persoa interesada: 44463662Q.

Expediente: 32/50037/20.

DNI da persoa interesada: 44498342N.

Expediente: 32/50069/20.

DNI da persoa interesada: 76722840S.

Expediente: 27/50007/20.

DNI da persoa interesada: 76582304D.