Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2022 Páx. 1845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A (expediente 2021/5663-1 e cinco máis).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou os seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no edificio administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, de non atender o acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de 10 días a partir do día seguinte á notificación, practicada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teranse por desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 9 de decembro de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa
interesada

Acto administrativo

Data do acto
administrativo

2021/5663-1

32712050R

Requirimento da emenda da solicitude

3.11.2021

2021/5667-1

76670281B

Requirimento da emenda da solicitude

3.11.2021

2021/5860-1

51237990Q

Requirimento da emenda da solicitude

9.11.2021

2021/5553-1

09935301Z

Requirimento da emenda da solicitude

27.10.2021

2021/5143-1

X6582154Z

Requirimento da emenda da solicitude

4.10.2021

2021/4990-1

54939537N

Requirimento da emenda da solicitude

29.9.2021