Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2022 Páx. 1661

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 13 de decembro de 2021 de premios e axudas para a fase final da especialidade de música do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021.

No Diario Oficial de Galicia núm. 130, do 9 de xullo de 2021, publícase a Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convoca para o ano 2021 (código de procedemento BS310Q) o procedemento de concesión en réxime de concorrencia competitiva.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O día 13 de decembro de 2021, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto no artigo 15.2, dita resolución no procedemento BS310Q, na especialidade de música do programa Xuventude Crea, convocado pola Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias das axudas e relación definitiva de premios.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e os artigos 15 e 19 da referida Orde do 29 de xuño de 2021, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.xunta.es, con carácter complementario.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 13 de decembro de 2021 ditada no procedemento BS310Q, concesión de premios e axudas da especialidade de música do programa Xuventude Crea no ano 2021 e na páxina web http://xuventude.xunta.es

Segundo. Comunicar que a Resolución do 13 de decembro de 2021 pon fin á vía administrativa e que contra ela se pode interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 29 de xuño de 2021, a participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes, a favor da Consellería de Política Social dos dereitos de difusión dos proxectos presentados no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se coide oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia.

As obras das persoas participantes, deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación coa decisión da persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude.

Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, da Consellería de Política Social, entendendo que os seus autores e autoras renuncian a todo tipo de dereito sobre elas, a cal poderá darlles o destino que considere oportuno.

Cuarto. Segundo o artigo 18.3 da Orde do 29 de xuño de 2021, as persoas premiadas deberán:

Colaborar nas accións de difusión que se organicen, así como a autorización de edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da dirección xeral competente en materia de xuventude, da Consellería de Política Social (http://xuventude.xunta.es/), redes sociais e demais medios de difusión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conservar os orixinais das obras premiadas e poñelos á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.

No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión pola persoa premiada, deberá indicarse de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2021

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución dos premios e axudas para a fase final da especialidade de música

do programa Xuventude Crea no ano 2021 (DOG núm. 130, do 9.7.2021)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante Orde da Consellería de Política Social do 29 de xuño de 2021 (DOG núm. 130, do 9 de xullo), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021.

No seus artigos 2 e 3 recolle a definición das especialidades deste programa e dos premios por cada especialidade:

Un primeiro premio de 3.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €.

Un terceiro premio de 1.000 €.

Así mesmo, no seu artigo 39 define unha axuda de 600,00 euros no caso de grupos e de 300,00 euros no caso de solistas, para cada unha das solicitudes finalistas da especialidade de música.

O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de música asinou as actas en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, e as ditas actas foron trasladadas ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución dos premios da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de música do programa Xuventude Crea no ano 2021 convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Segundo. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo II os premios da especialidade de música do programa Xuventude Crea no ano 2021 convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Terceiro. Publicar no anexo III a relación de solicitudes que non obtiveron premio.

Cuarto. Publicar no anexo IV a relación de solicitudes excluídas.

Quinto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2021. A conselleira de Política Social. P.D. (Orde do 29.6.2021; DOG núm. 130, do 9 de xullo), Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Relación de persoas finalistas

Especialidade de música

Programa Xuventude Crea 2021

Nº exp.

Nome

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Puntuación

Importe axuda

BS310Q 2021/146

Alejandro Fernández Varela

***7654**

Tiam gz

Males endémicos, Muinhei-rap de chantada

118

600,00 €

BS310Q 2021/180

Marián Romero Romero

***4569**

Ana & Marián

Faros, Canto ao mar

133

600,00 €

BS310Q 2021/190

Gael Alberto Quintela

***8818**

Galboir

Noite eterna, Case todo ben

117

600,00 €

BS310Q 2021/215

Alicia Otero González 45141284N

***4128**

Alicia Otero

O retrato, Saliva y alquitrán

139,5

300,00 €

BS310Q 2021/316

Francisco Barreira Vázquez

***8542**

Burgas vandal

Inimigo, Purgatorio

116

300,00 €

BS310Q 2021/318

Brais Pérez Quevedo

***6805**

Karma animal

Fénix, Marfil

120

600,00 €

ANEXO II

Relación de persoas premiadas

Especialidade de música

Programa Xuventude Crea 2021

Premios

Nº exp.

Nome

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Puntuación final

Importe premio

1º premio

BS310Q 2021/215

Alicia Otero González

***4128**

Alicia Otero

O retrato, Saliva y alquitrán

139,5

3.000,00 €

2º premio

BS310Q 2021/180

Marián Romero Romero

***4569**

Ana & Marián

Faros, Canto ao mar

133

1.500,00 €

3º premio

BS310Q 2021/318

Brais Pérez Quevedo

***6805**

Karma animal

Fénix, Marfil

120

1.000,00 €

ANEXO III

Relación de solicitudes sen premio

Especialidade de música

Programa Xuventude Crea 2021

Nº exp.

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

BS310Q 2021/066

Denis Carballás Riveiro

***1746**

D

BS310Q 2021/067

Antonio Casal Lores

***8157**

Lores

BS310Q 2021/167

Sara Caride Blanco

***9859**

A xastraría

BS310Q 2021/172

José Romero Conde

***3009**

JR

BS310Q 2021/192

Xacobe Medina Dacas

***4807**

John maccartney

BS310Q 2021/193

Ainhoa Martínez Álvarez

***7511**

Petter grettel

BS310Q 2021/196

Daniel Valladares Otero

***7573**

Dioivo

BS310Q 2021/261

Carmen Carracedo Calvo

***7102**

C&B

BS310Q 2021/273

Paula Santiago Pier

***6494**

Paucinho de pau

BS310Q 2021/315

Arsenio Keilin Keilin

***0285**

K

BS310Q 2021/320

César Xabier Tato Castro

***2232**

Brotasol

ANEXO IV

Relación de solicitudes excluídas

Especialidade de música

Programa Xuventude Crea 2021

Nº exp.

Nome e apelidos

Causa exclusión

BS310Q 2021/136

Aroa Ferreiro Camacho

Incumpre porque un dos temas ten que estar en galego (art. 38.2.a) da orde)

BS310Q 2021/268

Brais Orge Garrido

Incumpre porque un dos temas ten que estar en galego (art. 38.2.a) da orde)