Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2022 Páx. 1157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de decembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de inicio do expediente de clasificación do monte Torreiro da Gándara, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso, no concello de Redondela.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión celebrada o día 26 de abril de 2021, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Redondela.

Parroquia: O Viso.

Nome do monte: Torreiro da Gándara.

Cabida: 284 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral: 36045A006010620000WI.

Estremas:

Norte: camiño público.

Sur: Mercedes Otero Montero.

Leste: camiño público.

Oeste: José García Cabaleiro.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 16 de decembro de 2021

Xesús Santaló Riós
Instrutor do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra