Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2022 Páx. 1158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de decembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de inicio do expediente de clasificación do monte Cachón, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Liñares, parroquia de Liñares, concello das Neves (Pontevedra).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión celebrada o día 23 de novembro de 2020, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: As Neves.

Parroquia: Liñares.

Nome do monte: Cachón.

Cabida: 14.913 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral: 36034A161016570000WJ.

Estremas:

Norte: Ferrocarril-Adif.

Sur: Carmen Rocha Domínguez, Aurelia Costa Araújo, Manuel Francisco Estévez, Francisco Rodríguez Pérez, José Fernández Rodríguez, Leonardo Avalle Estévez, Rosa Alonso Rodríguez, Manuel Francisco Estévez, Benito Lira Rodríguez, Manuel Estévez Ubeira, Antonio Alonso Ubeira, José Rodríguez Méndez, Rosa Pérez González, Manuel Álvarez Souto, Rosa Outes González, Antonio Alonso Mo, Casimiro Pérez González, Aurora Alonso Rodríguez, Francisco Rodríguez Pérez, José Araújo Barbeito.

Leste: José Alonso Rodríguez, Manuel Francisco Pérez, Casimiro Araújo Sigueiros, Francisco Rodríguez Pérez, Antonio Rodríguez Rodríguez, Mª Herminia Alonso Rodríguez, José Díaz Corbacho, Carmen Álvarez González, Manuel Alonso Rodríguez.

Oeste: regato, límite municipal, María González Puentedejuan, José Álvarez Blanco.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 16 de decembro de 2021

Xesús Santaló Riós
Instrutor do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra