Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2022 Páx. 722

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muras

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio de convocatoria dunha praza de educador social.

Advertido un erro no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 248, do 28 de decembro de 2021, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Onde di: «O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles […]», debe dicir: «O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais […]».