Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2022 Páx. 723

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de parcelas ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Orde de execución de limpeza de parcelas, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), publicamos a referencia do expediente e a referencia catastral de una parcela en situación de risco de incendio, despois de notificacións infrutuosas, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición da interesada no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Polígono

Parcela

Ref. catastral

Titular catastral

4

860

36036A004008600000QP

Estrella González

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 30 de decembro de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa