Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 4 de xaneiro de 2022 Páx. 234

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo agrupacións profesionais.

En sesión que tivo lugar o 22 de decembro de 2021, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP, convocado pola Orde do 5 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, o segundo exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto. Para estes efectos, os criterios de corrección, valoración e superación acordados por este tribunal o 9 de decembro de 2021 e publicados no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal, establecían que superarán o segundo exercicio as persoas aspirantes que obteñan un mínimo de 15 respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un cuarto dunha resposta correcta). As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Segundo. Publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal as puntuacións das persoas aspirantes convocadas para a realización do segundo exercicio.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2021

Javier Suárez Salvado
Presidente do tribunal