Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 4 de xaneiro de 2022 Páx. 189

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade da Resolución do 21 de decembro de 2021 de modificación e prórroga da Resolución do 18 de decembro de 2020 pola que se lle encomenda ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar a execución dun servizo de transporte aos centros públicos competencia da Consellería de Política Social.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 248, do 28 de decembro de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 64125, onde di: «– Prazo de vixencia. A prórroga comeza o 1 de xaneiro de 2022 e rematará o 31 de decembro de 2021»., debe dicir: «– Prazo de vixencia. A prórroga comeza o 1 de xaneiro de 2022 e rematará o 31 de decembro de 2022».