Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 3 de xaneiro de 2022 Páx. 79

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2021 pola que se modifica, co fin de emendar os erros detectados, a Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos.

No Diario Oficial de Galicia (DOG) do 28 de decembro de 2021 publicouse a Resolución do 16 de decembro de 2021, da Universidade da Coruña, pola que se convoca o concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos.

Detéctase que no anexo I da devandita resolución, que contén os postos convocados, se omitiu información relativa aos postos que presentan requisitos de titulación académica e/ou formación específica, tal como aparecen descritos na relación de postos de traballo do 4 de novembro de 2021 (DOG do 15 de novembro) e na súa corrección de erros do 26 de novembro de 2021 (DOG do 10 de decembro).

Polo exposto, esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio) e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020 en relación co artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, de acordo co que dispón o artigo 79 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, os artigos 90 e seguintes da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, o Decreto 93/1991, da Xunta de Galicia, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo), modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro (DOG do 18 de novembro), o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), que aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, a Resolución da Universidade da Coruña, do 4 de novembro de 2021, pola que se fai pública a relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos (DOG do 15 de novembro),

RESOLVE:

Primeiro. Modificar o anexo I da Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG do 28 de decembro) pola que se convoca o concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos, emendando a omisión da información relativa á titulación académica e/ou formación específica dos postos afectados pola devandita omisión, que se relacionan como anexo a esta resolución.

Segundo. Modificar o parágrafo primeiro da base cuarta (Solicitudes) da convocatoria do concurso de méritos da Resolución do 16 de decembro de 2021, ampliando o prazo de presentación de solicitudes, que queda redactado como segue:

As solicitudes para tomar parte neste concurso e o modelo de currículo axustaranse ao modelo que se publica como anexo II e III da Resolución do 16 de decembro de 2021 e deberán presentarse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña, no Rexistro auxiliar da Zapateira-Elviña, no Rexistro auxiliar de Ferrol ou nas restantes formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da data de publicación desta Resolución do 29 de decembro de 2021, no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de decembro de 2021

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 14.1.2020)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

NP

Posto

Área

Unidade

Centro directivo

N. C. destino

C. específico

Provisión

Subgrupo

Escalas

Subescalas

Titulación académica

Quenda

Campus

Formación específica

Observacións

191

Posto base

Vicexerencia de Investigación

Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación

Xerencia

16

526,19

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

C

1

 

747

Técnico en proxectos europeos

Vicexerencia de Investigación

Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación

Xerencia

24

921

C

A1/A2

Escala técnica

I+D

 

M

C

3

 

766

Técnico/a I+D

Vicexerencia de Investigación

Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación

Xerencia

24

921

C

A1/A2

Escala técnica

I+D

 

M

C

1

 

79

Posto base

Vicexerencia de Economía e Finanzas

Servizo de Control Interno

Xerencia

16

493,33

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

C

14

 

112

Posto base

Vicexerencia de Economía e Finanzas

Servizo de Contratación Administrativa

Xerencia

16

493,33

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

C

14

 

96

Posto base

Xerencia

Servizo de Persoal de Administración e Servizos

Xerencia

16

493,33

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

C

14

 

760

Técnico/a en prevención de riscos laborais

Xerencia

Servizo de Prevención de Riscos Laborais

Xerencia

21

613,95

C

A1/A2

Escala técnica

Prevención de riscos laborais

 

M

F

5

 

87

Posto base

Xerencia

Servizo de Retribucións, Seguridade Social e Acción Social

Xerencia

16

493,33

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

C

14

 

69

Posto base

Vicexerencia de Economía e Finanzas

Servizo de Xestión Financeira

Xerencia

16

493,33

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

C

14

 

401

Posto base

Unidade de Xestión Académica Integrada de Ferrol (UXAI-Ferrol)

Administración

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

16

493,33

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

F

14

 

518

Posto base

Unidade de Xestión Académica Integrada de Ferrol (UXAI-Ferrol)

Administración

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

16

493,33

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

F

14

 

59

Posto base de relacións internacionais

Oficina de Relacións Internacionais

Áreas técnicas Campus de Ferrol

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

16

526,19

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

F

1

Dependencia funcional da vicerreitoría con competencias en materia de internacionalización.

48

Posto base

Unidade administrativa de Ferrol

Vicexerencia do Campus de Ferrol

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

16

493,33

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

F

14

 

767

Secretario/a administrativo

 

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil-CITEEC

Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia

18

504,28

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

C

16

 

769

Secretario/a técnico de Centro de Investigación

 

Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións-CITIC

Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia

21

613,95

C

A1/A2

Escala técnica superior/Escala técnica de grao medio

Secretaría técnica

 

P

C

1

 

173

Técnico/a coordinador/a da Unidade de Microscopía

 

Servizos de Apoio á Investigación

Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia

25

1030,6

C

A1/A2

Escala técnica

Microscopía

 

M

C

1, 10

 

251

Posto base

 

Servizo de Organización Académica

Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente

16

493,33

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

C

14

 

387

Técnico/a en relacións internacionais

 

Oficina de Relacións Internacionais

Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación

24

1030,6

C

A1/A2

Escala xeral/ Escala técnica

Relacións internacionais

 

M

C

2

 

389

Posto base de relacións internacionais

 

Oficina de Relacións Internacionais

Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación

16

526,19

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

C

1

 

390

Posto base de relacións internacionais

 

Oficina de Relacións Internacionais

Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación

16

526,19

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

C

1

 

391

Posto base de relacións internacionais

 

Oficina de Relacións Internacionais

Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación

16

526,19

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

C

1

 

393

Posto base de relacións internacionais

 

Oficina de Relacións Internacionais

Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación

16

526,19

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

C

1

Exixencia de inglés para vacante en provisión definitiva

394

Posto base de relacións internacionais

 

Oficina de Relacións Internacionais

Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación

16

526,19

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

C

1

Exixencia de inglés para vacante en provisión definitiva

780

Xefatura de negociado

 

Oficina de Relacións Internacionais

Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación

21

613,95

C

A2/C1

Escala xeral

 

 

M

C

1

 

363

Posto base

 

Servizo de Estudantes

Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade

16

493,33

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

C

15

 

19

Xefatura de Sección de Reclamacións e Recursos

 

Asesoría Xurídica

Secretaría Xeral

25

1030,6

C

A1/A2

Escala xeral

 

 2

M

C

 

28

Posto base

 

Servizo de Rexistro, Documentación e Arquivo

Secretaría Xeral

16

493,33

C

C1/C2

Escala xeral

 

 

M

C

14

 

Notas:

O nivel de coñecemento de idiomas será o que establece a Orde do 18 de febreiro de 2011 (DOG do 26.4.2011) do seguinte xeito:

Para os grupos A1 e A2: nivel C1. Para os grupos C1 e C2: nivel B2.

Formación específica:

1

Dominio do idioma inglés.

2

Inglés e outro idioma da EU fóra do Estado español.

3

Dominio dos idiomas inglés e francés. Valoraranse como méritos coñecementos doutros idiomas, principalmente de países da Unión Europea.

4

Galego, inglés e francés. Coñecemento no desenvolvemento de páxinas web.

5

Formación de nivel superior en PRL.

6

Especialidade en deseño gráfico.

7

Coñecemento no desenvolvemento de páxinas web e tratamento dixital de imaxes e publicación.

8

Experiencia na coordinación e execución de tarefas da Unidade de Técnicas Instrumentais de Análise, no deseño do mantemento dos equipamentos desta e na súa manipulación.

9

Experiencia na coordinación e execución de tarefas da Unidade de Espectrometría Molecular, mantemento dos equipamentos de resonancia magnética nuclear e espectrometría de masas e na manipulación de equipamentos e na súa optimización.

10

Experiencia e coñecementos no deseño do mantemento, manipulación, posta a punto e establecemento das condicións de operación dos equipamentos da Unidade de Microscopia. Previsión de funxibles.

11

Experiencia no deseño do mantemento, posta a punto e establecemento das condicións de operación dos equipamentos da Unidade de Análise Estrutural. Optimización de recursos de operación, realización de experimentos e previsión de funxibles.

12

Permiso de condución clase D.

13

Pertenza á escala superior –A1, ou técnica –A2, da escala de finanzas.

14

Idioma inglés nivel B1 ou equivalente. Exixible para a súa ocupación por persoal de procesos selectivos ou de provisión convocados con posterioridade á entrada en vigor desta RPT.

15

Idioma inglés nivel B2 ou equivalente. Exixible para a súa ocupación por persoal de procesos selectivos ou de provisión convocados con posterioridade á entrada en vigor desta RPT.

16

Formación de nivel básico en PRL.

Titulación académica

1

Licenciado/a –graduado/a en Xornalismo ou licenciado/a –graduado/a en Comunicación Audiovisual.

2

Licenciado/a –graduado/a en Dereito.

Administración

UDC

Ocupación por persoal da UDC.

AAPP

Ocupación por persoal de calquera Administración.

Observacións

1

Dous postos dos denominados «coordinadores/as» suprimiranse cando se ocupen con carácter definitivo os postos denominados «xefaturas de área» do SIC.

2

Dous postos dos denominados «analistas» suprimiranse cando se ocupen con carácter definitivo os postos denominados «xefaturas de área» do SIC.