Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 31 de decembro de 2021 Páx. 65879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Salceda de Caselas (expediente IN407A 2021/186-4).

Expediente: IN407A 2021/186-4.

Promotora: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.U.

Denominación: reforma e repotenciación LMTA de CT Revolta 1 a CT Revolta 2.

Concello: Salceda de Caselas.

Feitos:

Primeiro. O 13 de agosto de 2021, a empresa Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.U. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación reforma e repotenciación LMTA de CT Revolta 1 a CT Revolta 2.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que a instalación consiste na reforma da LMT subderivación Revolta 1 a Revolta 2 (3AM0306) desde o nº 1 xunto ao CT Revolta 1 ata o apoio nº 8 xunto ao CT Revolta 2. As obras sitúanse no barrio de Revolta, na parroquia de Parderrubias, no concello de Salceda de Caselas (Pontevedra).

Segundo. O 30 de agosto de 2021, esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Salceda de Caselas, que non emitiu ningún condicionado técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG nº 5, do 11 de xaneiro de 2021), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión aérea a 20 kV con condutor 94-AL1/22-ST1 a (LA-110) simple circuíto, de 520 metros de lonxitude e con orixe no apoio nº 1 (C-4500/22) proxectado xunto ao CT Revolta 1 (AMC039) e final no apoio nº 8 (C-4500/22) proxectado xunto ao CT Revolta 2 (AMH059).

As instalacións están situadas no barrio de Revolta, na parroquia de Parderrubias, no concello de Salcedas de Caselas (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar á empresa Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.U. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada reforma e repotenciación LMTA de CT Revolta 1 a CT Revolta 2, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. A empresa Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.U. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 26 de novembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra