Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 31 de decembro de 2021 Páx. 65882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMT derivada Rosende I, no concello de Sober (expediente 2020/3 AT).

Con data 27 de setembro de 2021, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMT derivada Rosende I, no concello de Sober (Lugo).

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo á presente resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Sober, deducida da que se someteu a información pública no xornal La Voz de Galicia do 4 de agosto de 2021, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 17 de agosto de 2021 e no Diario Oficial de Galicia do 20 de agosto de 2021, para que comparezan os días 23 e 24 de febreiro de 2022 no Concello de Sober, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Sober estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada; achegarán os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderanse acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, número 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, de 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 9 de decembro de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos

Nº de predio

Propietario

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Parraxe

Cultivo

Apoio

Voo

Políg.

Parc.

Sup. (m2)

Lonx.

(m)

Sup. (m2)

1

Daniel Fernández Carreño

78

739

Pedra do Couto

Monte alto

1 (1/2) EXT.

1.0

5.0

82.0

2

Descoñecido

78

503

Pedra do Couto

Monte alto

1 (1/2)

5.0

67.0

3

Antonio Fernández Fernández

78

483

Sobreira

Monte alto

1 (1/2)

1.0

28.0

448.0

4

Carmen Cruz Vázquez e irmáns

78

479

Sobreira

Monte alto

17.0

280.0

5

Daniel Fernández Carreño

78

482

Sobreira

Monte alto

11.0

261.0

6

Elia López Vázquez e hros.

78

480

Sobreira

Monte alto

11.0

142.0

7

Descoñecido

78

481

Sobreira

Monte alto

2

2.0

16.0

200.0

8

Hros. de Emilio Rodríguez García

78

421

Granxa

Monte alto

34.0

545.0

10

María Dolores Galloso Mazaira e outros

78

419

Granxa

Monte alto

7.0

116.0

11

Ana María Díaz Mazaira

(rpte. Mª Noelia Galloso Mazaira

78

418

Granxa

Monte alto

8.0

137.0

12

Descoñecido

78

417

Granxa

Monte alto

20.0

316.0

14

Descoñecido

78

415

Granxa

Monte alto

3 (1/2)

1.0

15.0

233.0

16

Hros. de Jesús Fernández Losada

(rpte. Jesús Fernández Pérez e irmá)

78

413

Granxa

Monte alto

10.0

152.0

18

Descoñecido

78

409

Granxa

Prado

11.0

168.0

19

Descoñecido

78

408

Granxa

Prado

CT EXT

2.0

35.0