Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 30 de decembro de 2021 Páx. 65252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 17 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, sobre o acordo de emprazamento no procedemento ordinario 7679/2021 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Terceira, do recurso contencioso-administrativo contra a Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que desestima o recurso de alzada número RA/DXPN/CMATV/2021/0086 contra outra da Dirección Xeral de Patrimonio Natural do 10 de maio de 2021 que outorga á empresa Naviera Illa de Ons, S.L. autorización para o desembarco de visitantes no arquipélago das illas Cíes no verán de 2021.

En cumprimento da Resolución do 17 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, emprázanse a cantos aparezan como interesados no procedemento de aprobación da autorización extraordinaria para o desembarco de visitantes nas illas Cíes (Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia) en período de transporte regular marítimo de viaxeiros no verán 2021, outorgada á empresa Naviera Illa de Ons, S.L. mediante Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural do 10 de maio de 2021, para que poidan presentarse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Terceira, no prazo de nove días, no procedemento ordinario 7679/2021, no cal recorre a dita empresa contra a resolución administrativa deste expediente.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural