Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 30 de decembro de 2021 Páx. 65253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2021521AE-PO por infracción en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2021521AE-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra á persoa/entidade que se sinala no anexo.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, de ser o caso, facilitaranlle impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2021

Carmen Durán Parrondo
Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2021521AE-PO.

Documento de identificación: X3668796C.

Último enderezo coñecido: rúa Ernesto Caballero 9-2º, Pontevedra.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 3.001,00 €.