Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 30 de decembro de 2021 Páx. 65170

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

EXTRACTO da Resolución do 23 de decembro de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2022 do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondente á área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408N).

BDNS (Identif.): 602695.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas e entidades beneficiarias

No ámbito da área de rehabilitación integral (en diante, ARI) da Ribeira Sacra poderán ser persoas e entidades beneficiarias das subvencións desta convocatoria:

a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

b) As agrupacións de persoas propietarias, ás cales lles será de aplicación o previsto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xullo.

c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

Segundo. Obxecto

1. Estas subvencións están dirixidas a financiar, no marco do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, actuacións de rehabilitación e renovación de edificios e vivendas situadas no ámbito da ARI da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408N).

2. As actuacións obxecto de financiamento deberán contar coa correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo IGVS.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras das subvencións obxecto desta convocatoria están recollidas na Resolución do 22 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021 e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes á ARI da Ribeira Sacra (DOG núm. 130, do 2 de xullo) (código de procedemento VI408N).

Cuarto. Crédito orzamentario e contía das axudas

As subvencións obxecto desta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación 08.81.451A.780.6 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, coa seguinte distribución:

ARI da Ribeira Sacra

Proxecto 2018 00007 FFE

473.134,86 €

Proxecto 2018 0003 FCA

95.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria comezará o 1 de febreiro de 2022 e rematará o día 30 de setembro de 2022, e, en todo caso, no momento do esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo