Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 28 de decembro de 2021 Páx. 64113

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de decembro de 2021 polo que se aproba o Plan galego de financiamento universitario 2022-2026.

En cumprimento do disposto no artigo 115 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 16 de decembro de 2021, adoptou o Acordo polo que se aproba o Plan galego de financiamento universitario 2022-2026.

Para xeral coñecemento, procédese á publicación do referido acordo que figura como anexo a esta resolución.

O texto do dito plan estará a dispor do público no seguinte enlace http://www.edu.xunta.es

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

José Alberto Díez de Castro
Secretario xeral de Universidades

ANEXO

«Autorizar a aprobación do Plan galego de financiamento universitario 2022-2026.

O Plan contempla acadar nos cinco anos de vixencia os seguintes obxectivos:

– Establecemento dun horizonte amplo de suficiencia e estabilidade financeira que permita á Xunta de Galicia e ás institucións públicas de ensino universitario na comunidade autónoma o desenvolvemento ordenado das súas políticas no período 2022-2026.

– Definición de criterios de asignación de recursos explícitos, baseados no custo estándar da docencia e na obtención de resultados nos ámbitos fundamentais da actividade universitaria: docencia, investigación e transferencia.

– Estimulación da adecuación da oferta ás demandas sociais, reorientando a oferta docente, potenciando a formación continua e a transferencia tecnolóxica e promovendo a mellora da calidade.

Para facer posible alcanzar os obxectivos anteriormente definidos, o plan prevé as seguintes achegas:

Plan galego de financiamento universitaria 2022-2026

2022

2023

2024

2025

2026

Total

469,2

480

491,1

502,6

514,4

2.457,4

* Créditos de partidas orzamentarias directamente vinculadas ao PGFU 2022-2026 nos orzamentos da Xunta de Galicia (en millóns de euros).

Este financiamento verase incrementado con achegas de partidas orzamentarias da Xunta de Galicia non vinculadas directamente ao plan (axudas, convenios, acordos…de distintas consellerías, organismos e entidades do sector público autonómico), así como fondos públicos procedentes de administracións locais, nacionais e europeas, cuxa estimación para o quinquenio de vixencia do PGFU é a seguinte:

Achegas públicas estimadas ao marxe do PXFU 2022-2026

2022

2023

2024

2025

2026

Total

126

138

145

152

159

720

Deste xeito, as previsións de financiamento público a percibir polo ensino universitario en Galicia no período 2022-2026 situarase nunha cifra global de 3.177,4 millóns de euros».