Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 27 de decembro de 2021 Páx. 64053

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual número 14 das normas subsidiarias de planeamento.

O Pleno municipal, en sesión extraordinaria e urxente que tivo lugar o 25 de novembro de 2021, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 14 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Valdoviño, consistente na delimitación de solo de núcleo rural, segundo a documentación técnica redactada para este fin polo Servizo de Asistencia Técnica a Municipios da Deputación da Coruña.

En aplicación do procedemento regulado nos artigos 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 144.6 do seu regulamento de desenvolvemento, a modificación inicialmente aprobada someterase a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior difusión na provincia.

Conforme o previsto no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación inicial da modificación puntual determina, por si só, a suspensión das licenzas nos ámbitos en que as novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente. Esta suspensión terá un período máximo de dous anos e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva. A suspensión será de aplicación nos seguintes casos:

a) Parcelamento de terreos.

b) Reforma con ampliación de volume.

c) Nova edificación de soares vacantes ou con demolición ou baleiramento.

d) Nova edificación en parcelas ocupadas por edificios existentes.

A documentación sometida a exposición pública estará ao dispor dos interesados na Oficina do Rexistro Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do Concello.

Valdoviño, 20 de decembro de 2021

Alberto González Fernández
Alcalde