Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 27 de decembro de 2021 Páx. 64052

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de exposición pública do convenio urbanístico de xestión para a cesión de solo destinado a vía na rúa Aguillón (expediente 620/2021/112 e dous máis).

De conformidade co establecido no artigo 168 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 401 do seu regulamento (Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo), sométense a información pública, polo prazo dun mes, os convenios urbanísticos de execución do planeamento, destinados á cesión gratuíta da superficie que queda fóra da aliñación oficial do PXOM das parcelas con referencia catastral 6220606NJ4062S0001RZ, 6220605NJ4062S0001KZ e 6220306NJ4062S0001GZ, coa finalidade de ampliar a vía sita na rúa Aguillón.

As partes que se comprometen á súa sinatura son o Concello da Coruña e os titulares das parcelas citadas.

O texto íntegro dos convenios está dispoñible no taboleiro de edictos do Concello, a través da seguinte ligazón:

https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica;jsessionid=5317C34BC7217A47B5F76953B2411C4B?method=enter&edictos=true#l4

A Coruña, 26 de novembro de 2021

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3846/2019)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade