Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 24 de decembro de 2021 Páx. 63805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a modificación substancial da autorización ambiental integrada de Masol Iberia Biofuel, S.L. para a planta de produción e almacenamento de biodiésel, glicerina, ácidos graxos e gomas a partir de aceites vexetais en Ferrol (A Coruña) (expediente 2021-IPPC-M-34).

Para os efectos previstos no artigo 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia quedará exposto o documento titulado:

«Autorización ambiental integrada. Memoria xustificativa modificación substancial de Masol Iberia Biofuel, Ferrol (A Coruña)».

Para que calquera interesado poida consultalos e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2021-IPPC-M-34.

Peticionaria: Masol Iberia Biofuel, S.L.

CIF: B86762903.

Razón social: Vía Layetana, nº 3, bloque 3, pta. 1, 08003 Barcelona.

Localización da instalación: 2ª fase puerto exterior, cabo Prioriño Chico, 15590 (Ferrol).

Actividade: planta de produción e almacenamento de biodiésel, glicerina, ácidos graxos e gomas a partir de aceites vexetais.

Descrición da modificación:

A actuación proxectada consiste na inclusión de novas materias primas, formadas principalmente por aceites de cociña, para a obtención do biodiésel (residuos que todos deben de cumprir coa premisa de tratarse de materias graxas aptas para a introdución no actual proceso produtivo), sen alterar o proceso produtivo e a capacidade de produción actual.

Coa modificación exposta, a instalación incluiríase na epígrafe 5.4.b) Valorización, ou unha mestura de valorización e eliminación, de residuos non perigosos cunha capacidade superior a 75 toneladas por día que inclúan unha ou máis das seguintes actividades, excluíndo as incluídas no Real decreto lei 11/1995, do 8 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas: b) Tratamento previo á incineración ou coincineración do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación.