Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2021 Páx. 63650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública do proxecto modificado da instalación eléctrica LMTS e CTC en praia Ladeira, no concello de Baiona (expediente IN407A 2020/008-4 modificado).

O 6 de febreiro de 2020, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS e CTC en praia Ladeira.

O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 3 de xuño de 2020 publicada nos seguintes medios: Diario Oficial de Galicia do 26 de xuño de 2020, Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 3 de xullo de 2020, Xornal Faro de Vigo do 26 de xuño de 2020 e taboleiro de anuncios do Concello de Baiona desde o 9 de xuño de 2020 ao 21 de xullo de 2020.

O 3 de novembro de 2020, esta xefatura territorial ditou unha resolución de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Baiona (expediente IN407A 2020/008-4).

Debido ás modificacións substanciais necesarias no proxecto inicial, UFD Distribución Electricidad, S.A. presenta un proxecto modificado.

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita o proxecto modificado da instalación eléctrica correspondente co expediente IN407A 2020/008-4 coas características que se describen:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS e CTC en praia Ladeira (modificado).

Situación: Baiona.

Características técnicas: retirada do treito GON8032476, GON803510 e GON8032503, desmontando un total de 281 metros de condutor LA-30 desde o apoio existente 9QWUEJ5A//5-A1) que será substituído por un C-2000/18. Retíranse un total de cinco apoios de formigón e os XS (36HL59 e 36H480). LMT área a 20 kV, con condutor LA-56, de 16 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/18 e final no apoio existente 9QWLF814//5-A1-1-CTA en que está instalado o CT Sabarís cemiterio (36A756). LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1 de 54 metros de lonxitude en dous tramos. O primeiro treito de 27 metros de lonxitude ten orixe na LMTS existente GON8140285 entre o CT Brisa Roma 2 (36CLV6) e o CT Arena (36CBX3) e final no CT proxecto. O segundo treito de 27 metros ten orixe no CT proxectado e final na LMTS existente GON8140285. Substitúese o centro de transformación praia Ladeira (36A757) por un centro de transformación de 630 kVA de potencia, compacto manobra exterior 2L1P telecontrolado con GPRS/FO en envolvente prefabricada de formigón con telexestión BT, con relación 2000/400 V. As instalacións están situadas no lugar de Sabarís, na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no concello de Baiona (Pontevedra)

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase a disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 30 de novembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2020/008-4 modificado.

Denominación: LMTS e CTC en praia Ladeira (modificado).

Situación: Baiona.

Parcela

Titular

Apoio

Afeccións

Paraxe

Cultivo

Referencia catastral

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Praia Ladeira

Urbana

4624409NG1642S0001II

Gustavo Rodríguez Rementeira e Gustavo Sabino Rodríguez Mosqueira

CT

16,81

4.0

17,24