Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2021 Páx. 63653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2018/418-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, nº 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS e substitución CT San Bartolomeu.

Situación: Vilanova de Arousa.

Descricións técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 4 metros de lonxitude, con orixe no apoio HV-1600/11 do tramo CBD8032058 e final no novo centro de transformación San Bartolomeu. Centro de transformación a 250 kVA con RT 20 kV/400 V situado en San Bartolomeu, Tremoedo, Vilanova de Arousa (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 antes citado.

Pontevedra, 30 de novembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2018/418.

Denominación: LMTS e substitución CT San Bartolomeu.

Concello: Vilanova de Arousa.

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

36061A219000880000FA

San Bartolomeu

Rústico

Descoñecido

CT

14,97

15

52,01