Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2021 Páx. 63678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se emprazan varias persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 7666/2021, relativo á zona de concentración parcelaria de Noceda-Bendoiro-Anzo-Madriñán-Busto (Lalín-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), se ben a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Nome/DNI

Acto que se notifica

33233994Y

Emprazamento contencioso-administrativo

33216687H

Emprazamento contencioso-administrativo

35256194T

Emprazamento contencioso-administrativo

33208468X

Emprazamento contencioso-administrativo

08709614C

Emprazamento contencioso-administrativo

Benita Victoria Taboada Vila

Emprazamento contencioso-administrativo

Pilar Concepción Taboada Vila

Emprazamento contencioso-administrativo

Ángel Taboada Vila

Emprazamento contencioso-administrativo