Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2021 Páx. 63677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de ordenación forestal do monte veciñal en man común de Muñís, concello de Navia de Suarna, e o seu estudo de impacto ambiental ordinario (código PO-00020552J).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométese ao trámite de información pública o proxecto de ordenación forestal PO-00020552J así como o seu estudo de impacto ambiental ordinario, do monte veciñal en man común de Muñís, na parroquia de Muñís, no concello de Navia de Suarna.

Durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación está dispoñible ao público, para a súa consulta, nas oficinas do Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º) e no seguinte enlace:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/desenvolvemento-rural/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-eia

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas á Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 2 de decembro de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo