Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 21 de decembro de 2021 Páx. 63031

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021, conxunta do Instituto Galego de Promoción Económica e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se dá publicidade do acordo que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401A).

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica, no marco do convenio entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a coordinación de actuacións de impulso de empresa dixital e industria 4.0, asinado o 14 de agosto de 2018, acordaron aprobar as bases reguladoras para a selección de pemes ás cales se lles prestarán servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Así mesmo, o 29 de xuño de 2021 asinouse unha addenda ao devandito convenio, en que se incrementaba o orzamento dispoñible, así como a súa duración. As bases reguladoras foron aprobadas por unanimidade na xuntanza do 22 de setembro de 2021 do Consello de Dirección do Igape.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A prestación destes servizos está cofinanciada ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e, en particular:

Obxectivo temático 01: potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.

Prioridade de investimento 01.02: fomento do investimento por parte das empresas en innovación e investigación, desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular o investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente e o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes.

Obxectivo específico 01.02.01: impulso e promoción de actividades de I+i lideradas polas empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora.

Actuación 1.2.1.8: actuacións de modernización tecnolóxica dos sectores produtivos.

Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).

Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación.

Obxectivo específico 03.04.01: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoios avanzados, incluíndo os sectores agrícola pesqueiro, mariño, marítimo, turístico, cultural, comercial (….).

Actuación 3.4.1.5: identificación de oportunidades e prestación de servizos para a profesionalización, modernización e reconfiguración de negocio, procesos, organización e intelixencia competitiva.

Segundo. Esta convocatoria tramítase de conformidade co disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), no cal se establece a tramitación anticipada de expedientes de gasto, condicionando a concesión destas axudas á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Terceiro. Convocar as axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), que teñen a consideración de axuda en especie establecida na disposición adicional terceira da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (procedemento IG401A).

Cuarto. Os prazos para a presentación de solicitudes serán os seguintes:

Convocatoria

Inicio do prazo

Fin do prazo

2022.1

O día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

28.1.2022

2022.2

31.1.2022

4.3.2022

2022.3

7.3.2022

8.4.2022

Quinto. A distribución de servizos ofertados en cada convocatoria será a seguinte:

Servizo

2022.1

2022.2

2022.3

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora

(A Coruña)

22

18

14

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Pontevedra)

21

17

13

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Lugo e Ourense)

7

4

3

Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial

21

17

15

Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal

16

12

10

Análise do cumprimento normativo e dos riscos legais

8

7

5

Mellora da xestión financeira e procura de financiamento

20

20

9

Optimización da produción e cadea loxística

17

11

9

Asesoramento para o relanzamento comercial

18

12

10

Preparación de procesos certificables

18

12

11

Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores

15

10

8

Protección da innovación

18

10

10

Asesoramento para o financiamento da innovación

21

16

15

Servizos para a definición dunha estratexia dixital da empresa

12

7

6

Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme

26

20

15

Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade

15

8

6

Deseño dunha estratexia de márketing de contidos para a peme

16

10

8

As empresas que, cumprindo as condicións para seren beneficiarias, resulten rexeitadas nunha convocatoria debido ao esgotamento dos servizos previstos poderán presentar unha nova solicitude en convocatorias posteriores.

Os servizos que resulten excedentes dunha convocatoria, ou aqueles provenientes da prórroga de contratos ou nova contratación de servizos por parte do Igape, poderán ser reasignados a convocatorias posteriores, mediante modificación desta resolución publicada no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. O prazo de execución dos servizos será o fixado na resolución de concesión, que non poderá superar o 3/3/2023. O prazo para presentar a documentación xustificativa rematará un mes despois do prazo establecido para a execución.

Sétimo. De conformidade co previsto nos artigos 17.3. b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal, que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións, non requirirá o consentimento do beneficiario.

Oitavo. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

Fernando Guldrís Iglesias

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

Mar Pereira Álvarez

Directora da Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

Bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020

As empresas necesitan levar a cabo proxectos de mellora para dar resposta aos retos do mercado. A achega de coñecemento externo, xunto con metodoloxías e ferramentas de traballo, é necesaria para promover o cambio. Con todo, as pemes atópanse con dificultades á hora de acceder a servizos profesionais especialmente adaptados ás súas necesidades: o custo dos servizos, xunto coa incerteza polos resultados e a dificultade de seleccionar prestadores de servizos adecuados, impiden en moitos casos a execución dos necesarios proxectos de mellora.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (en diante, Amtega) ten, entre outras, as seguintes competencias e funcións: a dirección e xestión de todas as actuacións da Xunta en materia de tecnoloxías da información e as comunicacións e o deseño e liderado de iniciativas que contribúan a impulsar o desenvolvemento da sociedade da información en Galicia, garantindo os dereitos dos cidadáns e eliminando as barreiras que se opoñan á expansión e ao uso das novas tecnoloxías.

O Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape) ten entre as súas funcións de creación e establecemento o desenvolvemento e oferta dun catálogo propio de servizos de diagnóstico, apoio e mellora competitiva dirixidas ás pemes. A oferta destes servizos ten como obxectivo mellorar o futuro das empresas galegas mediante a adquisición de novas competencias que lles permitan gozar de vantaxes competitivas permanentes.

A Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain) ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes. Entre os seus obxectivos están definir e desenvolver as políticas públicas que permitan ás empresas e ao resto de axentes o desenvolvemento de iniciativas de innovación construídas a partir de coñecementos que incrementen a súa competitividade e fomenten o seu crecemento; favorecer a transferencia de coñecemento e tecnoloxía entre os diferentes axentes e, particularmente, entre os organismos públicos de investigación e as empresas.

Para o desenvolvemento das súas respectivas competencias a Amtega e o Igape asinaron, o pasado 14 de agosto de 2018, un convenio de colaboración para a coordinación de actuacións de impulso de empresa dixital e profesionalización das pemes, en que se define o cofinanciamento destas axudas entre ambos os organismos. Este convenio foi ampliado mediante unha addenda, asinada o 29 de xuño de 2021, en que se incrementaba o orzamento dispoñible, así como a duración do convenio.

A sinatura do devandito convenio, así como da súa addenda, está encadrada no marco do programa TransformaTIC, entre cuxos seus obxectivos destacan: dar resposta á necesidade de contar cunha estratexia única desde a Xunta de Galicia para contribuír ao crecemento e desenvolvemento do sector da economía do coñecemento de Galicia a través do desenvolvemento de actuacións para dinamizar o tecido rexional TIC mediante a aplicación de solucións en sectores tradicionais e sectores estratéxicos para Galicia; aumentar a capacidade tecnolóxica das pemes; impulsar a produtividade de todos os sectores, que inclúe o desenvolvemento de iniciativas para impulsar a implantación do TIC nas pemes de Galicia e o uso dos servizos TIC por parte de todos os sectores produtivos.

No mesmo sentido, a Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, aprobada polo Consello da Xunta de Galicia na súa sesión do 13 de maio de 2015, establece cinco plans de impulso con 26 enfoques estratéxicos e 60 medidas que deberá desenvolver a Administración galega entre os anos 2015 e 2020. A prestación de servizos especializados de asesoramento que apoien o desenvolvemento estratéxico das pemes atópase encadrada no plan de impulso ás persoas e organizacións, dentro do enfoque estratéxico «Profesionalización das pemes».

Á hora de deseñar o instrumento de apoio máis axeitado, optouse por contratar, mediante procedemento aberto (PA 1/19), a execución dun número amplo de servizos, para a continuación ofertalos ao tecido empresarial. As empresas que soliciten un servizo deberán pagar ao Igape ou á Amtega o importe establecido nesta base reguladora en concepto de cofinanciamento privado. A diferenza entre o custo de cada servizo e o cofinanciamento privado terá a consideración de axuda en especie e a súa concesión respectará os límites establecidos para as axudas en réxime de minimis segundo as definicións dos regulamentos da UE aplicables en cada caso.

Gain, Igape e Amtega colaboraron na definición dos servizos que se van ofrecer dentro do programa Re-acciona e na avaliación das ofertas recibidas para el.

A contratación directa pola Administración dos servizos ofertados achega ao esquema de apoio a capacidade, pola súa parte, de controlar exhaustivamente a execución e o resultado dos proxectos.

O programa queda configurado deste xeito como un programa de servizos a pemes que, a través das empresas prestadoras de servizos -seleccionadas mediante procedemento aberto de acordo coa Lei de contratos do sector público-, lles permite ás pemes executar proxectos de mellora en distintos ámbitos:

– Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.

– Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.

– Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal.

– Análise do cumprimento normativo e dos riscos legais.

– Mellora da xestión financeira e procura de financiamento.

– Optimización da produción e cadea loxística.

– Asesoramento para o relanzamento comercial.

– Preparación de procesos certificables.

– Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.

– Protección da innovación.

– Asesoramento para o financiamento da innovación.

– Servizos para a definición dunha estratexia dixital da empresa.

– Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme.

– Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade.

– Deseño dunha estratexia de márketing de contidos para a peme.

A convocatoria destas axudas será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución conxunta do Igape e a Amtega. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación e o prazo de presentación de solicitudes.

As axudas reguladas nesta base outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007).

Os indicadores do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– C001 – Número de empresas que reciben axudas.

– C004 – Número de empresas que reciben axuda non financeira.

Artigo 1. Servizos obxecto de apoio

1. A Amtega poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas integrados nas seguintes categorías:

Adopción de solucións de dixitalización:

– Servizos para a definición dunha estratexia dixital da empresa.

– Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme.

– Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade.

– Deseño dunha estratexia de márketing de contidos para a peme.

2. O Igape poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas integrados nas seguintes categorías:

Profesionalización e desenvolvemento estratéxico:

– Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.

– Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.

– Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal.

– Análise do cumprimento normativo e os riscos legais.

– Mellora da xestión financeira e procura de financiamento.

– Optimización da produción e cadea loxística.

– Asesoramento para o relanzamento comercial.

– Preparación de procesos certificables.

Innovación:

– Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.

– Protección da innovación.

– Asesoramento para o financiamento da innovación.

3. As pemes poderán solicitar axudas para a prestación dun ou varios servizos, ben que non poderán solicitar un servizo do mesmo tipo que outro xa solicitado anteriormente, agás que renuncie ao anterior ou que a súa prestación xa estivese finalizada.

4. Os servizos adaptaranse en cada unha das prestacións á realidade da peme destinataria. Para este efecto, deberán establecerse inicialmente os parámetros de cada un deles: priorización de necesidades, alcance do traballo e ámbitos complementarios necesarios. A empresa contratada polo Igape para a prestación do servizo actuará durante todo o proceso como facilitador, proporcionando a metodoloxía de traballo e asegurando a súa calidade.

Artigo 2. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluídos os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de peme. Para esta definición utilizarase a establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías) (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014).

O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do referido Regulamento (UE) nº 651/2014 antes de emitir informe favorable á concesión.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) Entidades ou empresas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.

b) Entidades ou empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

3. Para solicitar as axudas para a prestación dos seguintes servizos, tendo en conta as súas características, as pemes deben cumprir as seguintes condicións:

a) Para todos os servizos definidos no artigo 1, as solicitantes deberán contar cun número total de empregados ou socios traballadores non inferior a 3 no último exercicio pechado.

b) Para o servizo de construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial, as pemes deben ter realizado previamente unha análise da empresa que achegue a información necesaria para o arranque do servizo, ou comprometerse a realizala durante a primeira fase deste. Así mesmo, deben contar cun equipo mínimo de 4 persoas no desenvolvemento da estratexia (que poderán ser empregados, socios ou outros colaboradores).

c) Para o desenvolvemento de plans de acción e plan transversal, as pemes deben ter desenvolvido previamente un plan estratéxico que dese orixe aos plans de acción que se van desenvolver. Así mesmo, deben contar cun equipo mínimo de 4 persoas na execución de plans (que poderán ser empregados, socios ou outros colaboradores).

As condicións relativas ao número de empregados, socios traballadores ou membros do equipo declararanse responsablemente no formulario electrónico de solicitude.

Artigo 3. Contía das axudas e concorrencia delas

1. As axudas previstas nestas bases reguladoras configúranse como axudas en especie da disposición adicional terceira da Lei 9/2007. A dita axuda confórmase como a diferenza entre o custo aboado polo Igape ou pola Amtega, de ser o caso, pola prestación do servizo e o importe exixido ás beneficiarias en concepto de cofinanciamento.

De acordo co establecido no artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non serán subvencionables o IVE nin outros impostos recuperables.

O importe do cofinanciamento privado é o que se indica na seguinte táboa para cada tipo de servizo e para cada tipo de empresa destinataria do servizo:

Servizo

Custo do servizo para o Igape/Amtega €

Cofinanciamento peme €

Cofinanciamento peme asociada a clúster €

Cofinanciamento microempresas €

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora

(A Coruña)

2.868,79

252,00

189,00

126,00

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Pontevedra)

2.969,92

252,00

189,00

126,00

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Lugo e Ourense)

4.657,29

252,00

189,00

126,00

Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial

5.314,32

1.400,00

1.050,00

700,00

Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal

5.314,32

1.400,00

1.050,00

700,00

Análise do cumprimento normativo e dos riscos legais

4.537,50

1.100,00

825,00

550,00

Mellora da xestión financeira e procura de financiamento

3.884,10

1.100,00

825,00

550,00

Optimización da produción e cadea loxística

6.269,01

1.500,00

1.125,00

750,00

Asesoramento para o relanzamento comercial

5.263,50

1.400,00

1.050,00

700,00

Preparación de procesos certificables

5.112,25

1.400,00

1.050,00

700,00

Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores

5.185,71

1.400,00

1.050,00

700,00

Protección da innovación

3.652,82

1.000,00

750,00

500,00

Asesoramento para o financiamento da innovación

3.630,00

1.000,00

750,00

500,00

Servizos para a definición dunha estratexia dixital da empresa

3.708,06

1.000,00

750,00

500,00

Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme

4.840,00

1.300,00

975,00

650,00

Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade

7.401,57

1.300,00

975,00

650,00

Deseño dunha estratexia de márketing de contidos para a peme

5.205,42

1.300,00

975,00

650,00

2. Ás empresas que finalizasen un ou varios servizos do mesmo tipo nos dous anos anteriores á solicitude aplicaráselles un incremento no seu cofinanciamento crecente dun 20 % por cada un dos servizos do mesmo tipo reiterados nese período.

3. A diferenza entre o custo do servizo e o cofinanciamento privado terá a consideración de axuda en especie, en réxime de minimis, e a súa contía indicarase na resolución de concesión.

4. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía doutras axudas concedidas para o proxecto non supere o importe do cofinanciamento privado indicado neste artigo. Non obstante, e de acordo co establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 (DOUE L 347, do 20 de decembro) (en diante, Regulamento (UE) nº 1303/2013), o proxecto poderá recibir axuda doutros fondos EIE, dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, coa condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pagamento correspondente a un dos fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo fondo no marco dun programa operativo distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pagamento dun Fondo EIE pode ser calculado para cada Fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a pro rata, conforme o documento en que se establezan as condicións da axuda.

5. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa da execución do servizo. En todo caso, antes de conceder a axuda, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda pública recibida para este mesmo proxecto, así como, de ser o caso, das axudas recibidas en réxime de minimis nos últimos tres exercicios. O incumprimento do disposto neste artigo poderá dar lugar, se é o caso, ao inicio dun procedemento de reintegro.

Artigo 4. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Os prazos de presentación de solicitudes serán os especificados na convocatoria, co obxectivo de organizar coa mellor eficacia posible a formación grupal, e tramitar o procedemento como bloques de solicitudes aos cales se aplicarán os criterios de selección en concorrencia competitiva.

Os períodos de admisión de solicitudes anunciaranse na páxina web do Igape
(http://www.igape.es/reacciona) e na súa oficina virtual (http://tramita.igape.es), e serán os especificados na convocatoria. Se se dá o caso de esgotamento dos servizos contratados ás empresas mediante licitación pública, publicarase tal circunstancia no Diario Oficial de Galicia co fin de anular os prazos de presentación de solicitudes que falten por producirse.

2. Dentro dos prazos establecidos na resolución de convocatoria, os solicitantes deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

No devandito formulario, a persoa representante da entidade solicitante deberá realizar as seguintes declaracións relativas á entidade solicitante:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.

c) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.

d) Que cumpre os criterios da definición de peme establecidos pola Comisión Europea no Regulamento (UE) nº 651/2014.

e) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os investimentos financiados con fondos Feder.

f) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación.

g) Declaración doutras axudas en réxime de minimis.

h) Se é o caso, declaración responsable do representante legal de que a empresa ten implantado un plan de igualdade.

3. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou aquelas en que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda; transcorrido este, considerarase que desisten da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

4. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, anotarase unha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.

Artigo 5. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas salvo que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante. 

f) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

i) Concesións doutras subvencións e axudas.

j) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

k) Concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 6. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Artigo 7. Órganos competentes

No relativo aos servizos do artigo 1.1 destas bases, a Área de Sociedade Dixital da Amtega será o órgano competente para a instrución do procedemento, e corresponde á persoa titular da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditar a resolución que poña fin ao procedemento administrativo.

No relativo aos servizos definidos no artigo 1.2 destas bases, a Área de Competitividade do Igape será o órgano competente para a instrución do procedemento, e corresponde, por delegación do Consello de Dirección do Igape, ao titular da Dirección Xeral do Igape ditar a resolución que poña fin ao procedemento administrativo.

Os proxectos serán avaliados por un órgano avaliador cuxos membros serán designados polos órganos directivos de Gain, Amtega ou Igape de entre o seu persoal técnico. Este órgano estará composto por un mínimo de tres membros, un de cada organismo, e contará cun presidente e un secretario/a con voz e voto. Axustará o seu funcionamento ás disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Artigo 8. Instrución dos procedementos

1. Unha vez recibidas as solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015) se a solicitude ou o formulario non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución.

2. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, os requirimentos citados de emenda realizaranse preferentemente mediante publicación na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada.

3. O órgano avaliador avaliará as solicitudes en función dos datos declarados na solicitude de axuda e no formulario e elaborará unha relación delas coa puntuación que lle corresponde a cada unha, en aplicación dos seguintes criterios de valoración:

a) Segundo o número de empregados da peme no último exercicio:

De 0 a 5: 5 puntos.

De 6 a 15: 10 puntos.

De 16 a 50: 25 puntos.

51 ou superior: 15 puntos.

b) Non ter executado algún servizo deste en convocatorias anteriores do programa que finalizase nos dous anos anteriores á solicitude: 25 puntos.

c) Ter desenvolvido unha análise previa ou plan estratéxico onde se poña de manifesto a necesidade do servizo para o cal se solicita a axuda: 25 puntos. Para a asignación desta puntuación, a análise deberá conter, polo menos: presentación da empresa, principais magnitudes económicas e organizativas, exposición da situación actual da empresa, proposta estratéxica, e de plans de acción motivados (ou borrador destes).

d) Actividades preferentes dos sectores estratéxicos do territorio recollidos na Axenda Dixital de Galicia (ADG2020), da Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, que constitúe o Plan director da industria de Galicia 2015-2020, definido no artigo 23 da Lei 13/2011, do 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia, ou referenciados no Reto 2 (O modelo industrial da Galicia do futuro) da estratexia RIS3 de Galicia: 15 puntos. En particular:

– Sectores de impulso á economía dixital recollidos na ADG2020.

– Sectores tractores: automoción; agroalimentación-mar-acuicultura; sectores primarios; pedra natural; confección-moda; industria marítima; madeira; turismo.

– Sectores emerxentes de gran potencia: industrias culturais e creativas; biotecnoloxía; industria da saúde; novos materiais; aeronáutica-aeroespacial; eco industrial.

– Soporte da nova industria: enerxía; industria TIC; manufactura avanzada.

e) Pola asociación a un clúster: 10 puntos.

No caso de empate na baremación, decidirase a favor do proxecto que obtivese máis puntos na valoración do criterio «a». Se aínda así segue existindo empate, decidirase pola maior puntuación no criterio «b» e así sucesivamente. Esgotados estes criterios de desempate, se aínda así segue existindo empate, co fin de promover a incorporación do principio transversal de igualdade enunciado no artigo 7 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, decidirase a favor do proxecto en que a empresa participante teña implantado un plan de igualdade, segundo a declaración responsable que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude e, en último caso, polo número de expediente máis baixo, que se outorga segundo a data de presentación da solicitude no Igape.

4. A Área de Competitividade do Igape ou, se é o caso, a Área de Sociedade Dixital da Amtega ditarán proposta de resolución con base neste procedemento, e elevarana á Dirección Xeral do Igape ou, se é o caso, á Dirección da Amtega, quen resolverá a concesión das axudas.

Na resolución figurarán os seguintes aspectos:

a) O importe do cofinanciamento privado.

b) A contía da axuda en especie, en réxime de minimis, calculada como se establece no artigo 3 destas bases reguladoras.

c) Que a axuda está cofinanciada con Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, o que exixe o cumprimento da normativa aplicable a este fondo, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 e o Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

d) Que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión do beneficiario na lista de operacións que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios Europeos do Ministerio de Facenda, co contido previsto no número 1 do anexo XII e no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

http://www.dgfc.sepg.minhafp.gob.es/sitios/dgfc/es-ES/loFEDER1420/porFEDER/Paginas/inicio.aspx

e) Prazo para a execución do servizo.

f) As obrigas que corresponden ao beneficiario, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria.

A axuda terá a consideración de axuda en especie en réxime de minimis e cumprirá co establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28.06.2014), e Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro de 2019).

5. A resolución conxunta relativa a cada período de admisión de solicitudes será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015.

6. O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de 45 días hábiles desde o peche de cada período de admisión. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

7. As resolucións e actos administrativos do procedemento que non sexan obxecto de publicación practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape no enlace tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recibo das notificacións (xustificante de recepción electrónico).

Artigo 9. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, que resolverá a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, ou a Dirección da Amtega de ser o caso, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 10. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009. Admitiranse, dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, modificacións relativas ao prazo de execución do servizo e á tipoloxía do/dos servizo/s que se van acometer, sempre e cando estes cambios non alteren o baremo.

2. O beneficiario deberá solicitar a modificación presentando instancia dirixida á Dirección Xeral do Igape ou, se é o caso, á Dirección da Amtega. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola persoa titular da Dirección Xeral do Igape ou, se é o caso, pola persoa titular da Dirección da Amtega, logo de instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia, se for preciso, aos interesados.

Artigo 11. Execución do servizo

1. Unha vez concedida a axuda en especie, a empresa prestadora do servizo porase en contacto coa peme destinataria del, co fin de organizar a formación inicial descritiva do servizo, que poderá ser individual ou en grupo.

2. Unha vez recibida a dita formación, e antes de comezar a súa execución, a peme destinataria deberá ingresar na conta bancaria indicada na resolución de concesión a súa parte de cofinanciamento, que será empregado polo Igape, ou a Amtega, de ser o caso, co fin único e exclusivo de contribuír ao pagamento dos servizos contratados co correspondente provedor, prezo que será aboado directamente polo Igape, ou a Amtega, de ser o caso, á contratista.

3. No caso de que dous meses antes da finalización do prazo de execución do servizo non se producise o ingreso, entenderase que o beneficiario renuncia á axuda, e arquivarase o expediente. Este prazo poderá ser exceptuado mediante acordo do órgano competente para a instrución do procedemento, sempre que concorran causas xustificadas.

4. O beneficiario da axuda deberá prestar a dedicación requirida para a execución do proxecto de mellora durante a prestación do servizo, así como facilitar a labor da prestadora deste poñendo á súa disposición a información requirida para completar o traballo. O Igape, ou a Amtega, de ser o caso, estudará e resolverá calquera situación de desacordo entre as partes que se puidese producir nesta fase.

Artigo 12. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas dos beneficiarios:

a) Executar o proxecto de mellora, en que poderán participar en todo momento técnicos do Igape ou da Amtega.

b) Ingresar antes da execución do servizo, mediante o procedemento establecido no artigo 11, o importe do cofinanciamento privado indicado na resolución de concesión, que non será reintegrado unha vez comezada a execución do servizo, salvo casos de forza maior debidamente xustificados.

c) Colaborar co Igape e a Amtega nas actividades divulgativas do programa: xeración de casos de éxito, material promocional, participación en presentacións, reportaxes audiovisuais, visitas demostrativas e calquera outra similar. O compromiso máximo exixido será o dunha xornada laboral dalgunha das persoas implicadas na prestación do servizo.

d) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape ou, se é o caso, pola Amtega, a Xunta de Galicia e o Feder, segundo o establecido no anexo II a estas bases.

e) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape ou, se é o caso, a Amtega, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ás comprobacións e verificacións que realizará o organismo intermedio, a autoridade de xestión ou a autoridade de certificación e, se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Para tal fin, deberán dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control, durante polo menos un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación. O Igape ou, se é o caso, a Amtega, informará o beneficiario da data a partir da cal se iniciará o cómputo do prazo.

f) Proceder ao reintegro da axuda recibida, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

g) No caso de non ser quen de realizar o proxecto de mellora, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

h) Comunicar ao Igape ou, se é o caso, á Amtega a obtención doutras subvencións ou axudas públicas que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza.

i) Facilitar ao Igape, á Amtega ou ás entidades que colaboren con eles a recollida de indicadores de resultado cuantitativos e cualitativos tras a execución do servizo, e nun prazo de entre seis meses e tres anos despois da súa finalización.

j) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

k) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007.

l) O beneficiario acepta que os datos resultantes da execución do servizo, unha vez desvinculados dos datos identificativos da súa empresa, pasarán a formar parte dunha base de datos para a súa explotación multicriterio con fins estatísticos, de deseño de políticas públicas e de difusión de situacións empresariais.

m) No caso de proxectos seleccionados por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, deberá manterse implantado o dito plan durante o prazo de execución do servizo.

Artigo 13. Xustificación da execución

1. O prazo para presentar a documentación xustificativa da execución do servizo rematará un mes despois do prazo establecido para a súa execución.

2. A documentación xustificativa que se deberá presentar é a seguinte:

a) Xustificante de ter impartido a formación inicial.

b) Xustificante da peme destinataria de ter aboado o cofinaciamento privado.

c) Memoria do proxecto e outros entregables definidos no contrato entre o Igape e a empresa prestadora do servizo.

3. A entrega ao Igape ou, se é o caso, á Amtega, da documentación xustificativa será realizada pola empresa prestadora do servizo, en virtude da autorización da peme prestadora do servizo recollida no anexo I, a través da plataforma informática de xestión que manterá o Igape coas empresas prestadoras dos servizos.

Artigo 14. Perda do dereito á axuda e reintegro

1. Producirase a perda da axuda en especie no suposto de falta de xustificación da execución do servizo, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de reintegrar ao Igape ou, se é o caso, a Amtega, total ou parcialmente a contía da axuda en especie percibida, así como os xuros de mora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito da axuda en especie e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Non comunicar ao Igape, ou á Amtega, de ser o caso, a obtención doutras subvencións e axudas públicas que financien as actividades subvencionadas.

b) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

c) Non dar publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 12.d) destas bases.

d) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, o Igape ou, se é o caso, a Amtega, poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro co seguinte criterio: a negativa ou obstrución a facilitar información de indicadores implicará unha penalización económica equivalente ao importe do cofinanciamento privado do servizo.

Artigo 15. Réxime sancionador

Aos beneficiarios das axudas reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 16. Fiscalización e control

Os beneficiarios destas axudas someteranse ás actuacións de control que realice o Igape ou, se é o caso, a Amtega, para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

Artigo 17. Comprobación de axudas

1. O Igape ou, se é o caso, a Amtega, comprobará a axeitada xustificación da axuda, así como a execución do servizo e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da axuda.

2. Para todo o non previsto no punto anterior será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007.

Artigo 18. Transparencia e bo goberno

1. Deberase dar cumprimento ás obrigacións de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a fornecer á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigacións previstas no título I da citada lei.

Artigo 19. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013).

b) Regulamento (UE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño de 2014).

c) Regulamento (UE) nº 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro (DOUE L 51, do 22 de febreiro de 2019).

d) Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013).

e) Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006.

f) Normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

g) Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020, modificada pola Orde HAC/114/2021, do 5 de febreiro.

h) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

i) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

j) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

k) No resto da normativa que resulte de aplicación.

missing image file
missing image file

ANEXO II

Requisitos de comunicación do financiamento público

Axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia
2014-2020

Responsabilidade do beneficiario.

Ao tratarse de axudas cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, o beneficiario deberá cumprir os seguintes requisitos de publicación e comunicación:

1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio da Xunta de Galicia e do Feder ao proxecto, incluíndo o logotipo do Xacobeo 2021-22 e mostrando:

a) O emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea.

b) Referencia ao Fondo Feder que dá apoio ao proxecto.

c) Referencia ao lema do Fondo «Unha maneira de facer Europa».

O formato que se debe utilizar é o seguinte:

missing image file

2. Durante a execución do servizo:

a) Breve descrición no seu sitio da internet, no caso de que dispoña dun, do proxecto, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Xunta de Galicia e da Unión e o logotipo do Xacobeo 2021-22.

b) Deberá colocar, polo menos, un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), en que se mencionará a axuda financeira da Xunta de Galicia e da Unión e o logotipo do Xacobeo 2021-22, nun lugar visible para o público, por exemplo, na entrada do edificio.

Características técnicas para a exhibición do emblema da Unión e referencia ao Fondo:

De acordo co establecido no artigo 4 do Regulamento (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014:

1. O emblema da Unión deberá figurar en cor nos sitios web. En todos os demais medios de comunicación, a cor utilizarase sempre que sexa posible.

2. O emblema será sempre claramente visible e ocupará un lugar destacado. A súa posición e tamaño serán os adecuados á escala do material ou documento empregados. En pequenos artigos de promoción non será obrigatorio facer referencia ao Fondo.

3. Cando o emblema da Unión e a referencia á Unión e ao Fondo correspondente se presenten nun sitio web serán visibles ao chegar ao dito sitio web, na superficie de visión dun dispositivo dixital, sen que o usuario teña que despregar toda a páxina.

4. O nome «Unión Europea» sempre aparecerá sen abreviar. O tipo de letra debe ser: arial, auto, calibri, garamond, trebuchet, tahoma, verdana ou ubuntu. Non se empregará a cursiva, o subliñado nin outros efectos. O corpo do tipo utilizado deberá ser proporcional ao tamaño do emblema e de xeito que non interfira. A cor do tipo será azul reflex, negro ou branco, en función do contexto.

5. Se se exhiben outros logotipos ademais do emblema da Unión, este terá como mínimo o mesmo tamaño, medido en altura e largura, que o maior dos demais logotipos.

Utilización do logotipo da Unión Europea:

O único logotipo válido é o formado polo emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea situada debaixo del.

missing image file

Non obstante, en toda comunicación relativa a fondos europeos deberá incorporarse, ademais, unha referencia ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Adicionalmente, empregarase o lema «Unha maneira de facer Europa».