Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 21 de decembro de 2021 Páx. 63224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 14 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico) en relación co proxecto de modificación do parque eólico Mondigo, nos concellos de Trabada e Ribadeo (Lugo) (expediente LU 2011/133-EOL).

O 8.6.2011, a empresa promotora Esus Energía Renovable, S.L. presentou solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e inclusión no réxime especial; o día 13 seguinte presentou solicitude de aprobación do proxecto sectorial e, o 23.6.2011, a solicitude de declaración de utilidade pública para a execución do parque eólico Mondigo.

O día 12.8.2013, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública mediante a Resolución do 9 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 184, do 26 de setembro).

Mediante a Resolución do 7 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorízanse as instalacións, apróbase o proxecto de execución e declárase a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros, do parque eólico Mondigo, situado nos concellos de Trabada, Barreiros e Ribadeo (DOG nº 74, do 16 de abril).

O día 25.9.2014, por Acordo do Consello da Xunta de Galicia, aprobouse definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do dito parque eólico, o que se fixo público mediante a Resolución do 29 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 81, do 30 de abril de 2015).

O 23.2.2021, Esus Energía Renovable, S.L. presentou unha solicitude de autorización administrativa previa e de construción de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación (procedemento IN408A), para a modificación do proxecto denominado parque eólico Mondigo (expediente LU 11/133-EOL), ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Pola Resolución do 17 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, declarouse a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico Mondigo, promovido por Esus Energía Renovable, S.L., o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

O 26 de outubro de 2021, a citada dirección xeral achegou a esta xefatura territorial os trámites por ela realizados xunto co expediente, cualificando a modificación formulada pola empresa para o proxecto como substancial, para continuar coa tramitación.

De acordo co exposto, en cumprimento do establecido na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia); na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Esus Energía Renovable, S.L.

Domicilio social: avenida Diagonal, 407 bis, andar 11, 08008 Barcelona.

Denominación do proxecto: proxecto de execución modificación parque eólico Mondigo.

Situación: concellos de Trabada e Ribadeo (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Mondigo.

Potencia instalada: 45 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 13.

Produción neta anual estimada: 148.057 MWh/ano.

Orzamento de execución material: 29.612.524,97 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

M1

649.877,641

4.812.808,637

M2

652.209,541

4.812.808,637

M3

652.209,541

4.817.011,807

M4

643.310,606

4.817.011,807

M5

643.310,606

4.811.581,635

M6

647.213,571

4.811.581,635

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Datum ETRS89 (fuso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

1

650.648

4.813.154

Trabada

2

650.691

4.813.721

Trabada

3

650.731

4.814.128

Trabada

4

650.318

4.814.223

Trabada

5

650.771

4.815.232

Ribadeo

6

650.396

4.815.251

Ribadeo

7

649.606

4.815.462

Ribadeo

8

649.455

4.816.127

Ribadeo

9

647.147

4.813.299

Trabada

10

646.722

4.813.306

Trabada

11

646.460

4.813.535

Trabada

12

646.298

4.813.836

Trabada

13

645.716

4.814.342

Trabada

Coordenadas de localización da SET:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

645.623,709

4.814.441,986

2

645.684,303

4.814.445,848

3

645.686,055

4.814.418,346

4

645.649,018

4.814.415,986

5

645.648,658

4.814.421,622

6

645.625,093

4.814.420,257

Características técnicas principais das instalacións:

– Trece (13) aeroxeradores, modelo GE137 3.8 MW do fabricante General Electric, de 3.800 kW de potencia nominal, que deberá ser convenientemente limitada para que a potencia nominal instalada non supere os 45 MW. Os aeroxeradores terán unha altura de buxa de 110 metros e un diámetro de rotor de 137 metros.

– Trece (13) centros de transformación, instalados unitariamente no interior de cada aeroxerador, de 4.126 kVA de potencia aparente e relación de transformación 0,69/30 kV coa súa correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección.

– Rede colectora soterrada de 30 kV, formada por tres circuítos con condutor tipo AL HEPRZ1 18/30 kV, para a interconexión dos centros de transformación 0,69/30 kV coa SET 30/132 kV do parque, co obxecto de evacuar a enerxía xerada. A rede tamén conta, para a sinalización e manobra do parque desde o edificio de control, con cable óptico tipo monomodo (9/125 µm) ou multimodo (50/125 µm), segundo as distancias.

– Subestación eléctrica transformadora (SET) parque eólico Mondigo 30/132 kV, con edificio de control, transformador de potencia trifásico de 55/62,5 MVA ONAN/ONAF, transformador de servizos auxiliares de 400 kVA de potencia nominal e relación de transformación 30/0,4 kV, así como grupo electróxeno de 68 kVA 400/230 V e 50 Hz, equipamentos de seccionamento, medida, protección, telemando e demais elementos auxiliares. O recinto da SET atópase no concello de Trabada (Lugo).

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

– Proxecto de execución, modificación (de novembro de 2021), das instalacións para os efectos da súa autorización administrativa previa e de construción.

– Estudo de impacto ambiental, modificación (de outubro de 2021).

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico), modificación (de xaneiro de 2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións que consideren oportunas dentro do prazo de quince (15) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 88 90 87), así como nos concellos de Trabada e Ribadeo (Lugo).

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/mondigo

Lugo, 14 de decembro de 2021

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Administración Industrial