Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 21 de decembro de 2021 Páx. 63222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 25 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo nos expedientes PR204A 2021/3391-2 e once máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 25 de novembro de 2021

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A2021/3391-2

Estrella Receivables

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/3754-2

Felipe González Castillo

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/3993-2

Julia Casas Villamil

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/3993-2

José Ramón Neira Casas

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/3995-2

Mohammed Laakaoubi el Haou

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/4002-2

Plabio Buenos Aires de Andrade

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/4017-2

Tamara López Rodríguez

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/4021-2

Alejandro Barreiro Díaz

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/4084-2

Xesús Feás Sánchez

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/4090-2

José Antonio Fernández Val

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/4094-2

José María Gómez Araújo

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/4237-2

Belleza y Hogar, C.B.

Recoñecemento do dereito